08 mayo 2020

O PSdeG-PSOE solicita ao Grupo de Goberno do PP en Arteixo que na nova liña de axudas a autónomos trate igual as actividades económicas con autónomos que teñen empregados por conta allea que ás actividades con autónomos asociados e compense con novas liñas a aqueles que xeran emprego e recibirán menos cantidade.


Martín Seco: “Nesta nova liña, non podemos volver a deixar con menos axuda a aqueles autónomos con traballadores ao seu cargo, tal e como fixo o Goberno Local na aprobada liña 1, pese a insistencia de modificación feita polo PSdeG-PSOE, tratando peor a aqueles que xeran emprego no noso concello, ademais de buscar como compensar aos que quedaron con menos”


A unanimidade da corporación municipal de Arteixo decidimos mobilizar o remanente económico do noso concello, para axudar as familias máis afectadas pola crise do COVID19 e impulsar a actividade económica daqueles que dinamizan e  promocionan economicamente o noso pobo.

Dende o primeiro minuto, dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos unha mellor atención social daqueles que estiveran afectados pola crise do COVID19, incrementando as axudas sociais e contratando máis persoal nos departamentos saturados, como servizos sociais, educación,..., que actúan contra o máis grave da crise. Tamén solicitamos a creación de liñas de axudas para aqueles cidadáns que crean actividade económica no noso concello e que están a sufrir e sufrirán no futuro a crise económica derivada desta epidemia.

O Grupo de Goberno decidiu poñer en funcionamento a liña 1 de axudas a autónomos que tiveron que paralizar a súa actividade, sen contar coa proposta do PSdeG-PSOE, dotando de diferente xeito ás actividades económicas que tiveran ata dous autónomos asociados, que poderían recibir ata 3000 euros e deixando as actividade económicas nas que o autónomo tivese dous traballadores por conta allea con só 1800 euros. Dende o noso Grupo fomos incapaces de facerlle entender ao Goberno Local que se debería de tratar de xeito igualitario a ambas actividades económicas, tendo en conta que unha vez que se reanude a súa actividade, os autónomos con traballadores ao seu cargo, terían que sufrir en maior xeito a reapertura, tendo que pagar salarios e seguridade social dos seus traballadores, ademais de xerar emprego nas familias do noso pobo, pero dende o Goberno, foron incapaces de ver esta situación.

Agora chega a nova liña de axudas para autónomos que viron como a facturación foi reducida significativamente coa chegada do coronavirus e solicitamos do Grupo de Goberno do PP, que non volvan a caer no mesmo erro, dotando aos autónomos con traballadores ao seu cargo da mesma cantidade que aqueles que teñen outros autónomos asociados a dita actividade. Ademais entendemos que dende o concello debéramos compensar a eses autónomos que quedaron con menor axuda cunha nova liña de axudas para primar o mantemento e a xeración de emprego. 

Ademais, como fixemos na aprobación da liña anterior, sería desexable que o Goberno Local loitase contra a figura dos falsos empregados autónomos, diferenciando o autónomo colaborador ou unha sociedade de autónomos, que debe beneficiarse destas axudas, daquelas actividades económicas onde o autónomo en vez de contratar a traballadores recurre á figura de falsos autónomos, para evitar despidos, salarios decentes, vacacións,...

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.