07 mayo 2020

O PSdG-PSOE de Arteixo solicitou o Protocolo de Apertura das Bibliotecas Municipais, que podería facerse dende o luns 11 de Maio nas condicións marcadas polo Goberno do Estado



Martín Seco: “Esperamos que o goberno local vaia establecendo os protocolos de apertura dos diferentes espazos municipais, garantindo a seguridade dos traballadores e dos usuarios, comezando polas bibliotecas municipais ás que ademais deberan de dotar de novo material para axudar aos creadores”


Nas medidas de desescalada pola crise do COVID19 anunciadas polo goberno do estado, figuran a posible apertura das bibliotecas nunhas condicións determinadas para garantir a seguridade dos usuarios e os traballadores de ditos centros.

Nas dúas derradeiras reunións da Comisión polo Coronavirus do Concello de Arteixo, o Grupo Municipal Socialista preguntoulle ao Alcalde pola apertura das nosas bibliotecas municipais, e pediulle o protocolo que pretendían aplicar para dita apertura, dende o Goberno Municipal do PP, aínda  non nos facilitaron o documento para poder visualizar cales son as medidas que se levarán a cabo en ditos espazos municipais
.
Dende o Grupo Municipal Socialista cremos que hai que retornar a ter a actividade nas nosas bibliotecas municipais e este debe de garantirse aplicando un serio protocolo para evitar contaxios indesexables, ademais debérase levar a cabo un esforzo na compra de novo material de préstamos para axudar aos creadores que están a sufrir a parte máis dura da crise xerada pola epidemia.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.