18 mayo 2020

Xa van dous meses dende a aparición da epidemia do Coronavirus e o goberno do PP segue sen reunirse cos representantes do comercio e a hostalería de Arteixo, para coñecer os seus problemas e analizar as súas demandas


Martín Seco: “Carlos Calvelo renuncia a dialogar cos representantes do Centro Comercial Aberto e outras entidades ligadas ao comercio local e a hostalería, aínda que fixeran públicas as súas inquedanzas e propostas para impulsar a un sector golpeado pola crise do COVID19”


Dende o primeiro minuto da chegada da crise do coronavirus, o Grupo Municipal Socialista puxemos a disposición do goberno local, o noso apoio e ideas para utilizar os recursos do concello para loitas contra os efectos da epidemia. Carlos Calvelo gobernou por decreto durante máis de 50 días, sen a necesidade de ter o beneplácito do pleno municipal e fomos leais a pesar de que o goberno local do PP non fose sempre transparente e aberto aos grupos da oposición.


Cando tódolos grupos políticos da corporación decidimos poñer a capacidade económica do concello a disposición das familias e as pequenas empresas e autónomos do concello, dende o PSdeG-PSOE de Arteixo preguntamos sen éxito ao noso alcalde, Carlos Calvelo en numerosas ocasións polos contactos entre o goberno local e os colectivos afectados pola crise, en especial polo Centro Comercial Aberto, que é o que mellor coñece a realidade e as necesidades daqueles sectores económicos golpeados pola crise económica creada pola epidemia.

Puxemos en marcha dúas liñas de axuda para autónomos, moi ligada aos pequenos comerciantes e hostaleiros do noso concello e todo elo, sen que o goberno local puxese en marcha unha Mesa de Comercio Local, para compartir con eles as medidas a tomar.
A día de hoxe segue sendo necesaria esa comunicación e colaboración entre o concello e os axentes máis afectados pola crise e dende o Goberno Local semella que teñen pechada a porta ao diálogo cun colectivo que ata día de hoxe e despois de moitos anos de estreita colaboración, estaba moi ben considerado polos diferentes gobernos locais. 

“Pedímoslle a Carlos Calvelo que forme unha Mesa de Comercio Local, cos axentes implicados, para analizar as medidas tomadas e outras que poidan ser necesarias, como campañas de impulso do comercio e a hostalaría, mecanismos de coworking, novas liñas de axuda,...”  di o voceiro socialista en Arteixo, Martín Seco.  


No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.