11 junio 2020

O PSdeG-PSOE de Arteixo esíxelle ao goberno da Xunta de Galicia a continuidade dos servizos que ofrece o consultorio de Meicende, como a pediatría e a ampliación do seu horario actual

Martín Seco: “Dende a apertura do Centro Médico de Vilarrodís, todos observamos como o goberno de Feijóo quere ir baleirando de contido o consultorio de Meicende e moito nos tememos que o interese final da Xunta de Galicia é o seu peche, para desprazar tódolos seus servizos a esta nova instalación, os socialistas de Arteixo queremos un compromiso claro da Consellería para garantir a continuidade desta instalación e a ampliación dos seus servizos”



Son moitas as actuacións levadas a cabo pola Consellería de Sanidade con respecto ao consultorio de Meicende que indican o interese deste organismo por ir baleirando de contido o consultorio e derivando os servizos que ofrece aos veciños cara o Centro Médico de Vilarrodís, a derradeira alarma xurde coas novas que din que dito consultorio deixará de ter o servizo de pediatría para derivalo cara as instalacións de Vilarrodís.

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo observamos como a Xunta de Galicia, dun xeito sibilino, quere camiñar cara o peche de dito consultorio, nun recorte máis de servizos da nosa sanidade pública ao que xa nos ten acostumados co goberno de Feijóo, comézase por quitarlle usuarios a dito consultorio, deixar sen mantemento as instalacións e ir quitándolle servizos, ata o seu peche definitivo. Os socialistas de Arteixo queremos que a Consellería de Sanidade garanta a continuidade de dito consultorio, a súa modernización, os seus servizos e a ampliación dos horarios de atención.

O PSdeG-PSOE preguntará por esta situación e esixirá a continuidade de dito consultorio no Parlamento de Galicia. Ademais o Grupo Municipal Socialista levará unha iniciativa plenaria ao Concello de Arteixo para que a unanimidade dos grupos políticos da corporación lle digan claramente á Consellería de Sanidade que dito servizo é imprescindible para a nosa cidadanía.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.