29 junio 2020

Rodríguez Zapatero e Gonzalo Caballero, en Arteixo



 O expresidente estará co candidato socialista o próximo venres 3 de xullo no CAMPO DA FESTA ás 20.00 horas


Mitin do PSdeG-PSOE en Arteixo. O expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero apoiará ao candidato socialista á Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero. A cita será o próximo venres 3 de xullo no Campo da Festa, ás 20.00 horas. O acto estaba previsto que se celebrase no anfiteatro do paseo fluvial, pero por cuestións de aforo, decidiuse trasladalo ao Campo da Feira.

A cita será o próximo venres 3 de xullo no Campo da Festa de Arteixo, anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo ás 20.00 horas.

Baixo o lema “A hora do cambio”, Gonzalo Caballero e Rodríguez Zapatero exporán o proxecto que o PSdeG-PSOE ten para Galicia e a importancia de que a partir do 12 de xullo haxa un goberno progresista na Xunta.

Os socialistas recordan que é fundamental manter todas as medidas sanitarias durante o acto: distancia social e uso de máscara.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.