30 julio 2020

O PLENO ESIXE Á XUNTA QUE RETIRE E CONSENSÚE UN NOVO PROTOCOLO DA COVID PARA OS CENTROS ESCOLARES A PETICIÓN DO PSOE




·Os socialistas apoian a gratuidade da escola infantil para os segundos fillos das familias do municipio

·O grupo socialista recorda que o “Goberno permite aos Concellos con remanentes de tesourería investir máis en coidados, mobilidade, desenvolvemento sostible e cultura”




A corporación de  Arteixo aprobou hoxe por unanimidade a moción presentada polo grupo municipal socialista na que se esixe á Xunta a retirada do Protocolo de Adaptación dos centros escolares ao contexto da Covid-19 e consensúe un novo coa familias e o resto da comunidade educativa. Na mesma, se pide á Consellería de Educación a inversión suficiente en recursos humanos e materiais para asegurar a necesaria seguridade física e psicolóxica do alumnado e profesorado. Pedir á consellería a creación dun departamento de inspección, coordinación e asesoramento de centros ao igual que o hai para a Consellería de Política Social. O texto foi aprobado despois de que os socialistas aceptasen as suxestións do PP e do BNG.

Durante a sesión plenaria de hoxe, o grupo municipal do PSdeG votou a favor da modificación da ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo da escola infantil, o que supón a gratuidade para os segundos fillos. O grupo socialista tamén apoiou o punto relativo ás subvencións a entidades locais mediante concorrencia competitiva para actividades e equipamentos culturais.

Respecto a moción presentada polo PP para instar ao Goberno de España a non apropiarse dos fondos municipais, o grupo municipal socialista recordoulles aos concelleiros conservadores que “o Goberno non se incauta do diñeiro dos Concellos. O Goberno finánciase sen problemas e a taxas negativas e non precisa o remanente de tesourería dos Concellos. O que fai o Goberno é permitir aos Concellos con remanentes de tesourería investir máis en coidados, mobilidade, desenvolvemento sostible e cultura”.

Os socialistas abstivéronse na presentada polo concelleiro non adscrito na que solicitaba que se arranxen os defectos estruturais das obras de urbanización da rúa Maizales, en Vilarrodís. Os concelleiros socialistas solicitaron ao Goberno local que “solucione o antes posible” estas deficiencias. “Os veciños teñen todo o dereito do mundo a non sufrir os desfalcos urbanísticos do Goberno de Manuel Pose”.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.