29 julio 2020

O PSOE ESIXE QUE A XUNTA RETIRE O PROTOCOLO DA COVID PARA OS CENTROS ESCOLARES E CONSENSÚE UN NOVO



Os socialistas levan unha moción ao pleno de Arteixo na que solicitan que o Goberno galego dialogue coas familias e o resto da comunidade educativa, ademais de dotar de persoal e recursos suficientes para garantir a seguridade física e psicolóxica do alumnado e profesorado



O grupo municipal socialista levará ao pleno de Arteixo unha moción na que esixe á Xunta que retire o actual Protocolo de Adaptación dos centros escolares ao contexto da Covid-19 e consensúe un novo coa familias e o resto da comunidade educativa. Os socialistas explican que o texto autonómico non se deu a coñecer antes do 16 de xullo por motivos “claramente electorais” e que “non muda nada para non ter que investir nin un céntimo”, limitándose a establecer normas sanitarias de ocupación de espazos. Ademais, o protocolo repite o “erro do terceiro trimestre pasado” ao deixar en mas das direccións dos centros “a responsabilidade da organización”.

Máis en concreto, o grupo municipal socialista detecta as seguintes fallas no protocolo: esixen un metro de separación nas aulas, que é “absolutamente insuficiente”, de feito, no propio documento se establece esta separación en clase e de 1,5 na sala de profesores.

É “irresponsable” que a estratexia sanitaria dependa da autodiagnose de alumnado e familias. A Xunta converte os centros escolares en “prisións ateigadas de normas de funcionamiento” nuns espazos e noutros permte o “seu ateigamente”,  por exemplo na ocupación dos baños, no primeiro, e o no transporte, no segundo caso. “O que non supón un custo económico é rotundamente estrito, no que suporía máis gasto, a consellería permitirá todas as excepcións posibles”.

A limpeza debe corresponder a profesionais. Non se pode admitir que sexa o allumnado quen se encargue dos labores de hixiene, “non porque non deban aprender a facelo, senón porque a súa inexperiencia faraos ser ineficaces.

Non se menciona a atención á diversidade, “fálase algo do alumnado con necesidades especiais –só como persoas con dificultades para manter a hixiene persoal- pero obviase calquera circunstancia que non responda ao estándar que a consellería ten fixado”.

Descoñécese como se vai asegurar a atención permanente ao alumnado no caso de que un estudante non poida asisten a clase durante un período indeterminado, ou no caso de hipotético peche das instalacións. A fenda dixital segue a estar aí.

Non hai unha previsión sobre os custes económicos das medidas sanitarias, para as familias nin para os propios centros educativos. “Demandamos que a consellería asuma a totalidade dos gastos producidos para toda a comunidade educativa”.

Para os socialistas é fundamental que as familias estean presentes na organización da volta ás aulas e a Xunta ten que asumir a responsabilidade directa do que se decida e asegurar un cumprimento igual en toda Galicia. Ademais, a Consellería de Educación “ten que asumir que incrementar a distancia de separación entre o alumnado implica unha diminución de rateos e a necesidade de contratar máis persoal”. Tense que garantir que os centros escolares manteñan un clima de convivencia pacífica, cordial e saudable, combinando as necesidades sanitarias cun modelo de xestión axeitado para que o alumnado se sinta implicado e seguro, e que as familias e docentes teñan un grado de seguridade razoable. É fundamental que este protocolo consiga un nivel óptimo de implementación e consenso coa comunidade educativa.

Tendo en conta todo isto, o socialistas de Arteixo solicitan o respaldo do pleno para que o Concello inste á Xunta de Galicia a retirar o actual protocolo e consensúe un novo coa comunidade educativa. Esixir á Consellería de Educación a inversión suficiente en recursos humanos e materiais para asegurar a necesaria seguridade física e psicolóxica do alumnado e profesorado. Pedir á consellería a creación dun departamento de inspección, coordinación e asesoramento de centros ao igual que o hai para a Consellería de Política Social.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Animamoste a comentar! Se deixas algunha forma de contactar contigo, poderemos responder.