“É inaceptable o abandono ao que ten sometido o goberno de Calvelo á parroquia de Chamín, abandono que se demostra coa perigosidade que se vive no parque infantil e biosaludable desta parroquia, sen que o Concello precinte dita instalación para proceder a arranxala con celeridade”

            
          Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Arteixo, esiximos o urxente precintado do parque infantil e biosaludable da parroquía de Chamí, antes de que un dos desprendementos do terreo e o muro superior, faga que teñamos que lamentarnos dun accidente nunha instalación dedicada ao lecer dos nosos rapaces pequenos. Ademais consideramos que os gobernantes do noso Concello deben actuar con celeridade para  amañar o estado de dita instalación de uso público e garantizar a seguridade dos usuarios que utilizan este parque municipal.

Debería ademais considerarse a necesidade de levar a cabo unha remodelación de dito parque infantil moi deteriorado polo tempo e con evidentes síntomas de abandono por parte das autoridades, rodeado de basura e cristais impropios dunha zona de esparcemento que usan os nosos veciños máis indefensos.

Despois de case dous anos de goberno do PP do señor Calvelo, cun espectacular derroche dos fondos públicos podemos observar como en Chamín, se castiga aos seus cidadáns , sen ningún tipo de inversión, onde non teñen nin un local público, nin campo da festa, nin campo de fútbol que os veciños solicitaron, e cunha estrada que calqueira día vai a traer a desgraza, sen que se consiga que se autorice a colocación dalgunha instalación que evite os excesos de velocidade.



Anterior
Anterior

Os recortes e a xestión ineficaz e frívola do Sergas ameazan a atención sanitaria que prestaba o Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo aos cidadáns de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Desde o Grupo Municipal Socialista de Arteixo pedimos a urxente eliminació​n das goteiras no CEIP Ponte dos Brozos e presentamos documentacion gráfica.