“O señor Calvelo aséstalle o golpe de graza a democracia en Arteixo levando a aprobación definitiva do ROM sen falar coa oposición e sen ter convocado ao Consello Veciñal como lle estamos a solicitar as Asociacións Veciñais e os Grupos da oposición”
Hoxe asistimos ao golpe
definitivo á democracia que o señor Calvelo e o PP lle queren asestar coa
aprobación da proposta de ROM no pleno deste mes, sen ter dialogado en ningún
momento, cos membros da oposición e tampouco cos membros das Asociacións
Veciñais que foron ninguneadas polo grupo de goberno do Partido Popular, nun
tema de vital importancia para os veciños como é o xeito de regular a
participación no noso concello.
Dende o Grupo Municipal
pensamos que o comportamento que están a ter o señor Calvelo e os seus
compañeiros de PP, fai de Arteixo un lugar irrespirable, onde se impón o ordeno
e mando e non se admite a discrepancia con posibilidade de atoparte con
problemas para levar unha vida tranquila, manter o teu posto de traballo ou
verte sometido a unha multa se expresas a túa discrepancia nun pleno municipal.
Mentres a sociedade cada
vez está máis alonxada da política e dos políticos debido a falla de
transparencia que amosan as diferentes institucións e partidos políticos, dende
o noso concello damos cada vez máis pasos no sentido contrario ao que os nosos
cidadáns queren e establecemos novas normas que en vez de primar a
participación, a democracia e a transparencia, establecen barreiras para elo.
Por iso, non entendemos que
non se proceda a debater as alegacións presentadas polos grupos da oposición,
como por certo se comprometera o señor Calvelo, que pretendían establecer canles máis
democráticos de funcionamento, superiores aos que xa contemplan as leis
estatais, a pregunta é, ¿por que imos a regular por enriba da lei estatal se
non é para mellorar as condicións de transparencia e participación que
establecen ditas leis?
Dende os grupos da oposición solicitamos en rexistro,
a celebración dun Consello Sectorial Veciñal onde se debata este regulamento e
que se paralice a aprobación definitiva deste documento mentres esta reunión
non se celebre, solicitude que o PSOE tiña apalabrada coas Asociacións de
Veciños que acudiron a unha reunión celebrada con este motivo (achégovos
solicitude) e sabemos que moitas asociacións de veciños, tamén comezaron a
facelo nestas datas, unha vez recibiron toda a información e puideron celebrar
as súas xuntas directivas. ¿Por que o Partido Popular ten tanta prisa en
aprobar este regulamento sen o debate pertinente e ten estancado a Ordenanza de
Emerxencias Sociais que está completamente obsoleta e que debería de ser
reformada con premura? Cremos que ao PP lle preocupa máis ter caladiños aos veciños
que o seu benestar como cidadáns.