“Os veciños de Meicende están preocupados polo incremento de delincuencia e menudeo de droga que teñen que soportar no Campo da Cega, nas inmediacións do Colexio San Xosé Obreiro”
Todos escoitamos ao señor Calvelo e os seus
compañeiros do partido Popular en Meicende asegurar que cando eles chegaran ao
goberno, solucionarían o problema de convivencia que existe neste barrio,
facendo que aqueles que se dedicaran ao tráfico de drogas e a delincuencia abandonaran
o noso Concello.
Cada
día podemos observar como o Concelleiro de Seguridade aparece nos medios de
comunicación facendo gala da súa grande xestión contra a delincuencia, cando a
realidade dos nosos cidadáns é outra completamente diferente, o incremento do
número de roubos e a inseguridade cidadá é moito maior que a que existía antes
de chegar o novo goberno local do PP como todos podemos observar.
No pleno ordinario do mes
pasado denunciamos o incremento do número de roubos na zona dos colexios
públicos do casco urbán de Arteixo, poñendo de manifesto o sucedido no día
anterior ao pleno nun vehículo dun veciño que se achegou a facer deporte ao
Pabellón do Ponte dos Brozos, información que foi negada polo Concelleiro de
Seguridade ante a incredulidade do propio afectado que non daba crédito cando
leu tal desfachatez nos medios de comunicación.
Onte,
os veciños de Meicende alertaron ao noso grupo do incremento de delincuencia e
de menudeo de droga que teñen que soportar nas inmediacións do Colexio San Xosé
Obreiro de Meicende, no chamado Parque do Campo da Cega na Travesía de Meirás,
e facíano coa preocupación de que alí se atopa un parque infantil onde os nosos
nenos acuden a xogar e teñen que convivir con certo tipo de personaxes nada aconsellables
para os nosos pequenos.
Dende
o noso Grupo puxémosllo de manifesto a Policia Local para que se tomen as
medidas oportunas para evitar que esta zona de xogo se convirta nun mercado da
droga e que a vixilancia policial faga que este tipo de personaxes abandonen
esta zona do núcleo de Meicende.
Dende
o Grupo Municipal Socialista estamos fartos de ler as múltiples roldas de
prensa para facernos crer aos veciños de Arteixo que o tema da delincuencia e o
trapicheo de droga nos barrios do norte do Concello está controlado, pero a
realidade é que segundo as informacións que nos chegan polos veciños destes
barrios a situación está peor que nunca e o ambiente de inseguridade que están
a vivir os nosos veciños é insoportable. O señor Calvelo debe saber que o único
irresponsable que trata de tapar a problemática sen facer nada por solucionar esta
situación e él, que foi quen incendiou con mentiras a convivencia no noso
Concello para chegar á alcaldía, para logo non facer absolutamente nada por
solucionalo