O Concello debe supervisar as obras da Praza do Balneario e do Campo da Festa para garantir que se traballe a diario e se garantan os prazos establecidos
Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo xa criticamos no seu momento que o Goberno do Concello de Arteixo dilapide os fondos públicos en obras “innecesarias” como a que se está desenrolando na Praza do Balneario e no Campo da Festa de Arteixo e pregamos que fosen utilizados eses fondos en fomentalo emprego no noso concello e loitar contra as desigualdades e a exclusión social.
Nalgún momento se nos contestou que os fondos do Plan de Emprego ían a utilizarse para obra da Praza do Balneario, Plan de Emprego que o Concello desbotou no ano 2013, dicindo que esta obra se faría cun sistema de fomento de emprego falso, como así nos dí o prego de contratación de dita obra, que non establecía ningún mecanismo de fomento do emprego nos parados locais, aínda que é certo que algúns parados de Arteixo, conseguiron traballo nesta obra, do cal nos aledamos profundamente dende o noso partido, pero en ningún caso foi por obriga legal da empresa concesionaria, ao igual que sucede en moitas das obras do noso concello que están dando emprego a cidadáns de fora do noso concello e esquecéndose dos nosos traballadores, como o caso da obra do Centro Social de Meicende, pragada de obreiros portugueses que traballan en condicións lamentables e a maioría das obras do concello que non xeran emprego entre os nosos veciños.
A derradeira situación calamitosa é o retraso evidente que levan as obras e asfaltados do noso concello, entre elas a da Praza do Balneario e do Campo da Festa, que está causando prexuizos aos comerciantes de dita praza e aos usuarios do aparcamento do Campo da Festa, obras que se atopan paralizadas en moitas ocasións, sen motivo aparente e que xa tiveron unha prórroga polo temporais dun período excesivamente amplo e que dubidamos que aínda así cumpran. Dende o noso grupo esperamos que dende o concello se inspeccionen as obras e se fan cumprir os prazos tanto para as obras como para os asfaltados que foron concedidos por negociados nos cales decidiu o prazo que agora se está a incumprir.