MOCIÓN PEDINDO A REBAIXA DO IVE ÁS PELUQUERÍAS


MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

As peluquerías son pequenos negocios formados por un autónomo e un ou dous traballadores, o 85% deles rexentados por mulleres. É un sector que agrupaba no 2011 a 48.000 salóns, nos que, de forma directa, traballaban 120.000 persoas. A crise económica que dende 2008 afecta ao global da economía situara nese ano a moitos deles nunha situación comprometida, debido, sobre todo, á baixada de afluencia de clientes e ao menor número de servizos realizados.

Como consecuencia desta situación, moitos salóns víronse obrigados nese momento, a realizar importantes axustes no seu nivel de prezos e, en consecuencia, nas súas marxes, co fin de frear a importante caída de clientes e intentar, como tantos sectores, seguir co seu negocio e manter os postos de traballo.

En setembro de 2012, sen embargo, entrou en vigor unha nova medida xeral adoptada polo Goberno consistente en incrementar o “IVE” do sector do 8% (vixente ata o 31 de agosto de 2012) ao 21%.

A importantísima subida de 13 puntos representou para estes salóns o seu afundimento definitivo. Os motivos son claros:

Os salóns que trasladaron a suba do “IVE” viron desaparecer os seus clientes, que non estiveron dispostos a pagar un incremento tan desmesurado, máxime nunha época onde toda a economía estivo e está rebaixándoos.

 Os salóns que non trasladaron a suba ás súas tarifas de prezos, asumindo eles mesmos ese incremento do 13%, finalmente presentaron fortes resultados negativos (non podemos esquecer que o marxe medio dun salón é netamente inferior ao 13 %) que precipitaron en moitos casos a caída e o peche dos seus negocios.

As cifras xerais son moi preocupantes. Durante o 2013 pecháronse máis de 8.000 salóns en España e perdéronse 20.000 postos de traballo. As previsións para este 2014 apuntan a unha nova perda de 5.600 empresas e a outros 14.000 empregos directos. En dous anos este sector reduciuse un 28%, co conseguinte impacto colateral noutros sectores que, de forma indirecta, están relacionados con el (empresas de suministros de produtos, de aparatoloxía, de mobiliario etc...).

Mentres tanto, recentemente (xaneiro de 2014), o Goberno anunciou a rebaixa impositiva do 21% ao 10%  nas transaccións de obxectos de arte e anticipa unha rebaixa do “IVE” cultural como medida para incentivar o seu consumo aludindo a que é moi importante para a economía española.

Ao noso entender, o sector da perruquería non só é relevante desde o punto de vista numérico, que o é e moito, senón tamén dende o punto de vista social. Forma parte do tecido empresarial do país, é un sector de pequenos empresarios e emprendedores que manteñen, aínda hoxe, un número importante de empregos e, ademais, é dos poucos sectores que están rexentados por un importante número de mulleres, que como ben saben sofren uns niveis de paro máis altos.

Creemos que si os obxectos de arte obtiveron unha consideración especial, a perruquería tamén merece ser tida en conta.
Polo que, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do seguinte,

ACORDO:

O Concello de Arteixo insta ao Goberno de España a reconsiderar a aplicación do tipo xeral do “IVE” do 21% aos servizos de peluquería e volver a aplicar o tipo reducido do “IVE” do 10% a ditos servizos.

Anterior
Anterior

“É un escándalo a modificación das normas subsidiarias no Polígono de Sabón, continuando co “urbanismo a carta” e deixando visible a ilegalidade cometida na construcción da rotonda de Baixamar, onde recordamos morreu un rapaz non fai moito tempo nun accidente de tráfico”

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE está preocupado pola posible cesión dos Comedores Escolares á Xunta de Galicia