PREGUNTAS ESCRITAS
Fai poucas datas apareceu unha noticia nos medios de
comunicación que falaba da cancelación das probas que estaban programadas no
circuíto de autocross de Morás, e posteriormente dende o servizo de
comunicación do Grupo de Goberno do PP no Concello de Arteixo, enviouse unha
comunicación falando dunha suposta denuncia dun particular ao que se aludía con
nomes a apelidos. Posteriormente soubemos de que este particular e/ou outros
presentaron escritos durante varios anos pedindo que se cumprira unha suposta
orde de precinto do circuíto ditada en anos anteriores e durante eses anos non
se procedeu a levar a cabo ningunha actuación neste senso, os medios informaron
tamén de que dende fai meses existían actuacións de Fiscalía por medio dunha
denuncia do Seprona que solicitaba información sobre este tema e as actuacións
levadas a cabo polo concello en relación coas probas efectuadas nos derradeiros
anos nestas instalacións.
Dende
o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos fondamente preocupados polas informacións
aparecidas, xa que en numerosas ocasións durante os 7 anos de goberno do PP de
Carlos Calvelo, comunicouse que non existían problemas na celebración de
eventos neste circuíto e que se estaba a traballar na regularización do estado
de legalidade no que se atopa dita instalación, o preocupante é que a día de
hoxe está en perigo a celebración duns eventos deportivos de gran importancia
económica para o noso municipio, de gran interese social e de moito arraigo
para os nosos cidadáns e os da comarca.
Dende o Grupo Municipal Socialista, coa máxima
preocupación, desexamos preguntarlles:
·
¿En que situación de legalidade está o circuíto de Morás?, ¿pódense levar a
cabo a celebración de eventos deportivos nesta instalación?, ¿Cando foi informado
o Concello de Arteixo das actuacións de fiscalía con respecto a este tema?, ¿Por
qué non se informou ao resto da corporación?, ¿Cal foi o traballo que fixo o
Concello ata a aparición da denuncia para legalizar a situación do circuíto?,
¿Por qué non se proxectou a posible instalación dun novo circuíto se existían
moitos problemas e non foron resoltos en 7 anos de goberno?
·
¿Quen é o responsable de protexer os datos persoais de calquera escrito que
se presente neste concello?, ¿ten o servizo de comunicación do Concello
autorización para utilizalos neste caso?, ¿é coñecedor o goberno local da lei
de protección de datos e os posibles prexuízos económicos que poden causar a
falla de cumprimento desta lei?, ¿vaise facer responsable algún representante
político, electo ou asesor, das posibles repercusións económicas que puidera
causar aos cidadáns de Arteixo este uso de datos persoais?

