Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local a executar o plan de dinamización comercial e accesibilidade prometido para as vivendas de Solymar

O plan anunciado en 2021, destinado a zonas con pouco tránsito peonil e baixa densidade de locais de proximidade, sería financiado con fondos europeos.

O grupo municipal socialista de Arteixo recordou no pleno as promesas do goberno local para a dinamización comercial e a accesibilidade das vivendas de Solymar que están sen executar.

O portavoz socialista, Martín Seco, explicou que moitos bloques de vivendas da urbanización Solymar de Oseiro necesitan do apoio da administración local para ter unha boa accesibilidade peonil así como para poñer en valor moitos baixos baleiros sen actividade.

Seco recordou que no ano 2021 o goberno local anunciou a posta en marcha dun plan de dinamización comercial destinado a zonas con pouco tránsito peonil e baixa densidade de locais de proximidade que se desenvolvería utilizando fondos europeos. Según o plan, o concello mercaría baixos sen actividade que posteriormente serían ofertados con alugueres a prezos económicos para a implantación de novos negocios.

Nas propias informacións do goberno local se indicaba que esta iniciativa se localizaría no entorno das rúas Miguel de Cervantes, Francisco de Quevedo e Calderón de la Barca, onde existe una gran praza pública e varios pasadizos con locais sen uso, que según o propio alcalde “ten unha gran potencialidade e debería ser revitalizada para atraer  a negocios que traballan por internet e nos que non é moi importante a súa ubicación”. “Sen a intervención do Concello, estes locais no terán saída comercial”, aseguraba Calvelo.

O portavoz socialista engadiu que o PSdeG-PSOE de Arteixo xa propuxo no seu programa electoral para as eleccións municipais de 2023 a creación dun “Plan de creación de espazos públicos” similar aos “Espazos TEU” do concello de A Coruña, onde a cidadanía pode acceder a espazos públicos para realizar xuntanzas, celebracións, actividades formativas, sociais ou culturais, especialmente indicado para a utilización dalgún destes locais baleiros de Solymar.

Por outra banda, Seco lembrou que o goberno local anunciara tamén un plan de mellora de todo o núcleo urbano, negociando coa veciñanza a instalación de sistemas como rampas ou ascensores nos accesos de sete bloques de vivendas, “ do que nada se sabe”.

Anterior
Anterior

O goberno local de Arteixo desatende as indicacións da Valedora do Pobo para intensificar os controis e a inspección das transmisións de ruídos ás vivendas

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo solicita beirarrúas para o tránsito seguro de péons na nova vía que comunica as rúas Torrente Ballester e República Arxentina