Os socialistas de Arteixo recuperan as tradicionais comidas de confraternización

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo e deputado no Parlamento de Galicia, Martín Seco lembra a importancia da recuperación do xantar como unha forma de confraternización, pero tamén para “reactivar o espírito activista de cara ás eleccións municipais do 2023, xa que a militancia é esencial na implantación do ideario socialista na sociedade arteixá.

Os socialistas de Arteixo reuníronse hoxe para recuperar as súas tradicionais comidas de confraternización, unha actividade que foi esquecida durante anos e que a actual dirección local considera importante, xunto coas charlas informativas, a reapertura da casa do pobo á cidadanía ou a celebración periódica de asambleas e reunións da militancia.

O xantar contou coa presenza da Comisión Executiva Local que dirixe Martín Seco, os integrantes do grupo municipal socialista de Arteixo encabezados pola súa voceira Patricia Boedo, así como máis de 70 militantes e simpatizantes que acudiron ao Recodo de Antía.

Martín Seco aproveitou a ocasión para lembrar a importancia da recuperación do xantar como unha forma de confraternización, pero tamén para “reactivar o espírito activista de cara ás eleccións municipais do 2023, xa que a militancia é esencial na implantación do ideario socialista na sociedade arteixán” dixo o secretario xeral dos socialistas de Arteixo.

Ademais Seco insistiu en que “temos que seguir avanzado no deseño dunha alternativa ilusionante que poida desbancar ao goberno municipal do PP, co magnífico traballo que está a facer o noso grupo municipal baixo a dirección de Patricia Boedo, pero sobre todo co apoio indispensable de cada un dos  e das militantes da agrupación, o piar fundamental do proxecto socialista”.  

Ao xantar tamén asistiron algún deputados e deputadas do Parlamento de Galicia como Pablo Arangüena, Noa Díaz, Noelia Otero, Marina Ortega, Begoña Rodríguez Rumbo, a exsubdelegada do Goberno na Coruña, Pilar Riobóo e militantes e simpatizantes doutras agrupacións limítrofes.

Anterior
Anterior

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo insta ao goberno do PP a poñer toda a documentación do Inventario de Bens Municipal a disposición da corporación municipal

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo denuncian as deficiencias no Servicio de Axuda a Domicilio de Arteixo e preguntarán pola situación das traballadoras