Patricia Boedo propón co apoio da executiva local a Fernando Vázquez Martínez como número 2 da candidatura dos socialistas de Arteixo nas eleccións municipais de maio

O empresario, secretario da asociación de veciños San Xosé Obreiro e directivo do Sporting Meicende, é a aposta da candidata socialista para mellorar o servizo de promoción económica do concello.

A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, ven de propoñer á Comisión Executiva Municipal a Fernando Vázquez Martínez como número 2 da candidatura para  as vindeiras eleccións municipais de maio.

Patricia Boedo explica que a elección do empresario, secretario da AA.VV. San José Obrero e directivo do Sporting Meicende é unha “aposta persoal para mellorar o servizo de promoción económica de Arteixo” para que “a nosa xuventude poida acceder aos postos de traballo das empresas que hai no concello actuando intensamente na formación e na xeración de convenios co núcleo empresarial para mellorar así a bolsa de emprego e priorizar a contratación de veciños e veciñas do noso concello”.

Boedo destaca tamén o compromiso veciñal de Fernando Vázquez que participa habitualmente na vida diaria do concello, especialmente en Meicende, a nivel laboral coa súa xestoría pero tamén social no tecido asociativo a través da AA.VV.  San José Obrero e no Sporting Meicende.

FERNANDO VÁZQUEZ MARTÍNEZ

Fernando Vázquez Martínez ten 58 anos e conta cunha longa traxectoria laboral de máis de 35 anos de traballo, os últimos 20 como autónomo dedicado á asesoría  e administración de xestión TRAHER.

É directivo do Sporting Meicende, Sociedad Recreativa, Instructiva y Deportiva La Esperanza  desde hai 16 anos e secretario da AA.VV. San José Obrero  durante os últimos 12 anos.

Anterior
Anterior

Os socialistas de Arteixo denuncian que o goberno local organice eventos para falar de plans estratéxicos cando o Plan Xeral de Ordenación Municipal está paralizado 

Siguiente
Siguiente

Levamos a pleno | Febreiro 2023