Propoñemos que se amplíe a exención da taxa de terrazas e da feira durante 2021

Propoñeremos no pleno ampliar durante este ano a exención da taxa de terrazas e a dos postos da Feira de Arteixo. Un dos sectores máis afectados pola covid está a ser o da hostalaría que leva a sufrir varios peches totais ou practicamente totais en Arteixo desde marzo do ano pasado. Os envíos  a domicilio ou recollida en local son as únicas actividades permitidas, o que supón unha redución drástica dos ingresos destes negocios. Para aliviar a súa situación, a corporación acordou eximir aos negocios do pago da taxa de terrazas e dos postos da Feira de Arteixo durante 2020.

A gravidade da pandemia continúa na actualidade e as restricións para conter os contaxios tamén. Por elo, consideramos necesario que a hostalería non teña que facer fronte a taxa de terrazas durante todo o ano 2021 para axudar a que se manteñan estes negocios e, polo tanto os postos de traballo que xeran. Do mesmo xeito, o PSdeG quere prolongar esta exención á taxa dos postos do feirón.

 Solicitaremos a posta en marcha de puntos de mantemento, reparación e limpeza de bicicletas en cada núcleo urbano

Outra das propostas que levaremos é a solicitude da posta en marcha de puntos de mantemento, reparación e limpeza de bicicletas. Apostamos por dotar a cada núcleo urbano dun destes puntos que deberán contar con mangueira, punto de inflado de rodas e ferramentas básicas de mantemento e reparación, así como pavimento drenante.

“O uso da bicicleta como ocio e para desprazamentos está a incrementarse e desde o grupo municipal socialista cremos que hai que dar facilidades e fomentar o uso deste transporte sostible”, indica o voceiro socialista, Simón López.

Anterior
Anterior

Preguntaremos se o centro de Meicende cumpre as condicións legais para dar clase e elaborar os menús sobre Rodas

Siguiente
Siguiente

Abstémonos nuns orzamentos que nin son sociais nin teñen en conta as novas circunstancias da covid