Apostamos por un plan eólico integral e transparente para toda Galicia

“Queremos que a Xunta actualice o Plan Sectorial Eólico de 1997 con medidas concretas no plano económico, medioambiental e de participación”, expón o voceiro socialista, Simón López

wind-turbine-318321_1280.jpg

“Mentres que en moitos lugares de España o éxito dos parques eólicos debeuse a alta participación comunitaria, en Galicia atopámonos cun proceso opaco que deixa fóra aos axentes implicados”, indica o voceiro socialista, Simón López. Levaremos ao próximo pleno unha moción para instar á Xunta a elaborar un plan eólico integral para toda Galicia.

A iniciativa pasaría por actualiza o Plan Sectorial Eólico de 1997 con “medidas concretas no plano económico, medioambiental e de transparencia e participación”, expón López.

Defendemos:

No ámbito económico:

  • Establecer os tipos de gravame nos máximos permitidos para os impostos de xestión municipal vinculados coa actividade eólica.

  • Establecer no canon eólico e no Fondo de Compensación Ambiental que o canon sexa establecido pola potencia instalada do parque eólico, utilizando a recadación íntegra para actuar sobre melloras nos concellos e nas comunidades locais afectadas pola instalación dos ditos parques.

  • Introdución de protocolos de intercambio de información cos actores locais para maximizar o impacto económico no territorio afectado.

 

No ámbito da transparencia e participación:

  • Establecer un modelo de “contrato tipo” para favorecer a transparencia e garantías dos propietarios rurais.

  • Fomentar dende a administración autonómica, fórmulas de negociación previa entre promotor e propietario, previas a un posible inicio de procedemento expropiatorio, co obxectivo de favorecer unha negociación equilibrada.

  • Crear unha base pública de información dos prezos alcanzados nas negociacións entre as partes afectadas na instalación dun parque eólico. .

  • Creación dunha oficina de asesoramento técnico, administrativo e medioambiental, para concellos e comunidades afectadas por procesos de desenvolvemento de actividade eólica no seu territorio.

                                                                              

No ámbito patrimonial e medioambiental:

  • Reforzar as garantías patrimoniais e medioambientais dos territorios afectados pola instalación de novos parques eólicos, liñas de evacuación ou a repotenciación dos parques existentes, con especial atención á protección do territorio pertencente á Rede Natura e as súas futuras expansións, impedindo, en todo caso, o fraccionamento de proxectos de parques eólicos que se está a producir na nosa comunidade en vulneración da lexislación vixente.

  • Implementar mecanismos de información e asesoramento medioambiental para as comunidades afectadas pola implantación de parques eólicos.

                                                                              

No ámbito da planificación, en coordinación co Goberno do Estado:

  • Propoñer o deseño de figuras específicas para o fomento de parques eólicos comunitarios, reservando unha bolsa de MW anuais para a súa posta en marcha.

  • Estudar a recuperación da figura dos parques eólicos singulares ou outra figura similar de propiedade pública municipal.

Nestes momentos no que o sector está a experimentar un relanzamento, para nós é importante non repetir os erros cometidos no pasado. López destaca neste apartado a necesidade de “equilibrar a negociación entre as empresas instaladoras e os propietarios, nun proceso transparente que sexa unha ferramenta máis para loitar contra o despoboamento do noso rural”.

Anterior
Anterior

Preguntaremos se ter un plan xeral aprobado axudaría contra a liña de alta tensión Monteagudo-Morás

Siguiente
Siguiente

Listado de inmatriculacións da Igrexa Católica en Arteixo