Solicitude do PSdeG-PSOE de Arteixo para que sexa declarada institucional a moción para que se exima dos expedientes sancionadores ao colectivo de Beneficiarios de Pensións no Estranxeiro



Hoxe o Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentou unha unha moción que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos nos concellos de Cangas, Moaña e Bueu e que nos gustaría que fora dceclarada insitucional no noso concello

O tema é as pensións que os emigrantes reciben de outros países, que están empezando a reclamarllas dende a facenda estatal para que tributen. Hai dúbidas máis que razoables de si deben tributar ou non, de feito coñecemos xa sentenzas do tribunal superior de xustiza de galicia dictaminando que non teñen que tributar aquí estas pensións. En calqueira caso as reclamacións están chegando por centos, dende o 2008 ata a data,  e acompañando á obrigatoriedade de presentar unha declaración complementaria e pagar ven tamén unha sanción económica.

Falamos ademais de prazos de pagamento moi curtos (cómo máximo están dando 18 meses) e con intereses de demora, para pensionistas que en moitos casos na actualidade son o único sustento da súa familia.

Namentras o goberno de Rajoy fai amnistías fiscales para os poderosos, todo parece indicar que hai toda unha campaña orquestada para recuperar ingresos para o estado por esta vía.

Nalgunhas comarcas as personas pensionistas estánse organizando e mantendo xuntanzas coa administración tributaria, para que:

- aclare a facenda pública si de verdade hai que declarar esas pensións, si é así, porque cuantías, etc.

- no caso de ter que facer as declaracións esixir un prazo de pagamento moito máis amplo e sen intereses porque do contrario non serán capaces de afrontar este problema.

- si lles impoñen unha sanción por un ano que polo menos lles deixen presentar as complementarias dos demais anos sen poñerlles tamén sanción económica.






MOCIÓN SOBRE AS PENSIÓNS QUE OS EMIGRANTES 
 RECIBEN NOUTROS PAÍSES

                                                                                                                                                
     

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Nas derradeiras semanas, o COLECTIVO DE BENEFICIARI@S DE PENSIÓNS NO ESTRANXEIRO viuse afectado por requerimentos da AEAT, a fin de acreditar as cantidades percibidas durante o ano 2008 en concepto de pensións do estranxeiro, todo coa finalidade de proceder á regularización/formulación da declaración complementaria do IRPF do citado exercicio anual.

É notorio, público e coñecido que:

- Os/As afectados/as integrantes do colectivo nunca foron informados/as e descoñecían calquera obriga de declarar tales pensións.

- Non se lles expediu certificación ningunha do país pagador das cantidades
percibidas.

- E debe destacarse o caracter repentino, inesperado e sorprendente dos
requerimentos recibidos polos/as afectados/as.

De existir unha lei que os/as obrigue a tributar por tales pensións, non podemos entender como é posible que a AEAT veña a requerir agora, no ano 2013, tantos anos despois, os ingresos percibidos correspondentes ao ano 2008, nin por que non o fixo antes ou, cando menos, non informou aos/ás afectados/as de tal abriga tributaria.

Por todo o exposto, propoñémoslle ao Pleno da Corpración a adopción dun acordo de
apoio e respaldo diante a AEAT ao colectivo referido, que se concreta en:


ACORDO:

-          Solicitar da AEAT que se exima dos expedientes sancionadores ás persoas afectadas.


Anterior
Anterior

Solicitude para ser declarada intitucional a moción que nos achega a Asociación JUVENTUD SAHARAUI

Siguiente
Siguiente

O señor Calvelo debe saber que o que alarma as nais e pais de Arteixo e ter dende fai meses unha farola nun estado lamentable ás portas dun colexio onde estudan 600 nenas/os ou non ter sinalizado e protexido aos viandantes correctamente ante o peche dunha beirarrúa onde circulan centos de familias tódolos días para ir ao colexio