O señor Calvelo debe saber que o que alarma as nais e pais de Arteixo e ter dende fai meses unha farola nun estado lamentable ás portas dun colexio onde estudan 600 nenas/os ou non ter sinalizado e protexido aos viandantes correctamente ante o peche dunha beirarrúa onde circulan centos de familias tódolos días para ir ao colexio
Dende
o Partido Socialista xa fixemos público nun pleno de fai un par de meses a
necesidade de levar a cabo a substitución dunha farola nun estado lamentable,
situada a escasos metros da porta dun colexio público de Arteixo e nun vial
polo que circulan os que van á Escuela Infantil Municipal, á Piscina ou ao
Pabellón Municipal (ver foto anexa). Ademais puxemos de manifesto que tanto se
a responsabilidade é do Concello como se fose da Deputación, como parece ser,
debería de terse actuado con premura, tendo en conta que o señor Calvelo forma
parte de ambos gobernos.
Ademais
fai un par de semanas solicitamos que se levara a cabo unha mellor sinalización
e protección dos viandantes na Avda Fisterra á altura da nova rotonda de
Baixamar, onde se clausurou o uso dun tramo de beirarrúa por desprendementos
nunha fachada, o cal obriga aos centenares de viandantes que circulan por ese
tramo de camiño aos colexios tódolos días, a baixar á calzada sen unha
sinalización e protección axeitada á perigosidade
de dito vial.
Somos
coñecedores de que outros colectivos fixeron a mesma xestión para trocar dita
farola, antes de que poida caer e ferir algún viandante, sen atopar solución nos
gobernos do PP do señor Calvelo e despois de transcorridos meses desta situación de inseguridade e non
entendemos porque non se leva a cabo unha mellor sinalización de dito corte de
beirarrúa unha vez denunciada a situación no salón de plenos fai das semanas.
O señor
Calvelo e o señor Novo, deben saber que este tipo de situacións son as que
causan alarma dentro da nosa cidadanía e son as que deberían de darlle carácter
de urxencia, esperamos que esta denuncia serva para que aceleren ditas
actuacións.