O Grupo Municipal Socialista de Arteixo pide o cambio de situación da Oficina de Atención ao Consumidor de Arteixo
MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
No último ano vivimos unha situación
de empeoramento dun servizo municipal como é o de asesoramento e información ao
consumidor (OMIC) no Concello de Arteixo, e todo debido ao cambio de situación
da traballadora que viña desenrolando un magnífico traballo na xestión destas
consultas e reclamacións dende a oficina que se situaba nun despacho do edificio
de Servizos Sociais na rúa de Noia e que agora o ten que facer dende o
mostrador de información, rexistro e atención ao público da Casa Consistorial, lugar
onde non existe o mínimo de intimidade necesario para tal fin e cunhas
instalacións desaconsellables para un traballo destas características.
Fai xusto un ano, este grupo
solicitou que se situara a esta traballadora nun lugar onde puider realizar o
seu traballo do mellor xeito posible e onde se gardara o mínimo de intimidade
esixible para os nosos veciños e as súas consultas ou reclamacións, pero o
grupo de goberno fixo oídos xordos a dita solicitude. Dende o noso grupo
preguntámonos que pensará un cidadán que
veña cunha dúbida ou reclamación importante, por algunha situación persoal de
carácter privado que leve consigo a necesidade dunha xestión íntima e discreta.
¿Conseguirá facer este tipo de xestión no mostrador de atención ao público do
Concello, ou sentado a beira da mesa da traballadora encargada deste servizo,
que está situada no medio de moitos outros traballadores e público que se atope
neste espazo do Concello?.
Nas últimas datas atopámonos con
queixas de afectados por Preferentes e Subordinadas que tiveron que pasar por
este trago e non se lles permitiu manter a intimidade nun tema de especial
sensibilidade social coma é o de esta estafa masiva, e isto lévanos a
preguntarnos se o señor Calvelo e o concelleiro responsable deste servizo,
buscarán que ninguén acuda a oficina municipal de información ao
consumidor e só mantela pola subvención
que cobra da Xunta de Galicia por dito servizo, esperemos que non e que o grupo
de goberno do PP, rectifique e faga do noso servizo aos consumidores un servizo
de utilidade.
Polo
que, propoño ó pleno desta Corporación a adopción do
seguinte,
ACORDO:
·
Volver a ubicar a OMIC
(Oficina Municipal de Información ao Consumidor), nun despacho privado onde
atender as demandas dos nosos veciños.