Nota e moción sobre Desafiuzamentos para o pleno do Xoves 1 de Agosto de 2013
Martín Seco (Voceiro
do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Partido
Popular de Arteixo debe abandoar ese espectáculo inmoral de abundancia que amosan
e comezar a actuar contra a grave situación social na que se atopan moitos cidadáns do noso concello”
No mes de Novembro de 2012, o Grupo Municipal Socialista presentaba unha
moción para que o concello de Arteixo tomase algunhas medidas urxentes para
loitar contra a lacra dos desafiuzamentos que estaba a sacudir aos nosos
cidadáns, o noso grupo ofreceu retirar os acordos supralocais desta moción para
intentar chegar a acordos no eido local co grupo de goberno, e ao final
acabamos retirando a moción a cambio de levar a cabo unha Xunta de Voceiros
onde se negociaran as medidas a tomar dende o noso concello neste ámbito, pero
dita Xunta de Voceiros non foi convocada polo señor Calvelo, mentindolles unha
vez máis á oposición e a opinión pública para evitar abordar un tema de tanta
importancia como é este.
O noso grupo voltou a presentar a memsa moción no mes de Decembro,
consensuada co BNG, sen atopar ningún tipo de disposición por parte do Partido
Popular de Arteixo a buscar ningún tipo de actuación que palien este grave
problema dos nosos cidadáns.
No mes de Xaneiro, a Agrupación Socialista de Arteixo presentou unha batería
de medidas para loitar contra a crise e a exclusión social, entre as que se
voltaban a incluir medidas contra os desafiuzamentos que xa presentaramos nos
meses anteriores eincluindo alguna outra, sen atopar ningún tipo de
contestación por parte do gobernó que escoitou algún outro tipo de medida pero
ningunha relacionada con este tema.
Nestes últimos tempos o BNG voltou a presentar por terceira vez, a moción
que presentaramos conxuntamente en Decembro de 2012, sen atopar no PP a
decisión para levar a cabo ninguna actuación contra o problema dos desafiuzamentos
e deixando todo en mans dunha solicitude ao Consorcio das Mariñas, como se os
concellos que goberna o Partido Socialista como Culleredo ou Betanzos non
tiveran tomado xa medidas neste senso.
Nestas
datas, tivemos que lamentar como o drama dos desafiuzamentos leva consigo un
drama todavía maior que é a integridade física dos nosos veciños e dende o noso
grupo seguimos esperando a que o señor Calvelo e os seus compañeiros tomen
algún tipo de medida para intentar axudar as familias que están a sufrir os
efectos dunha crise que non buscaron e da que non teñen culpa alguna mentres
tiran moreas de cartos en gastos innecesarios.
Martín Seco: “Xa está ben que o goberno do señor Calvelo deixe aos nosos veciños
desprotexidos cuns servizos sociais desbordados pola situación actual e cunha
política de emprego completamente deficiente, mentres malgastan miles e miles
de euros en festas, proxectos innecesarios e en cambiar beirarrúas que se
atopaban todavía novas”
Dende o noso grupo voltaremos a
presentar a mesma moción outra vez a ver se o PP é capaz de seguir sen tomar
ningunha medida neste senso despois do acontecido nestas datas.
MOCIÓN SOBRE OS DESAFIUZAMENTOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Coa crise e o aumento alarmante do desemprego, centos de miles de familias
están a chegar a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas
necesidades máis básicas. O Concello de Arteixo non é alleo a este
fenómeno, xa que continúan a producirse cada día máis casos de familias
completas con todos os seus membros no paro, familias que ven como un dos seus
maiores logros, a súa vivenda, pode estar en perigo por unha execución
hipotecaria que pode provocar a perda do inmoble. E aínda por riba de perder a
vivenda, estarán expostos a unha condena financeira de por vida. Tamén aqules
que non poden asumir o custe do alquiler dunha vivenda que necesitan para
desenrolar o seu proxecto de vida.
A perda da vivenda tamén leva consigo a perda doutros dereitos e impide ás
persoas afectadas realizarse no ámbito familiar, e profesional, e condena en
moitos casos á marxinación e exclusión social.
En definitiva, a situación de desamparo na que se atopan algunhas das nosas
familias, asfixiadas por unha situación laboral cada vez máis insostible e unha
hipoteca froito da avidez de especuladores e entidades financeiras, é moi
preocupante.
Polo tanto, faise necesario intervir con urxencia ante esta dramática
situación, que levou a horrorosos desenlaces coa perda de vidas, e que coa
duración prolongada desta crise inhumana, estase a agravar día a día.
Ao igual que antes noutros Concellos como o de Culleredo ou Betanzos
gobernados polo PSdeG-PSOE, e mentres non se cambie desde os órganos
competentes estatais a lexislación sobre desafiuzamentos (recentemente sinalada
incluso por instancias europeas como non garantinte dunha necesaria protección
eficaz dos consumidores fronte a posibles cláusulas abusivas das hipotecas),
desde o Concello de Arteixo queremos aportar as medidas necesarias no ámbito
municipal para evitar que se produzan mais desafiuzamentos.
Diante desta
situación, propoño ó pleno desta Corporación a adopción dos seguintes,
ACORDOS:
a. Crear unha Comisión Especial para atender casos de desafiuzamentos,
composta por técnicos municipais, voceiros municipais e plataformas contra os
desafiuzamentos, que estude a posibilidade de facilitar nestes casos, axudas ao
aluguer, axudas para evitar o corte de subministros básicos como auga, gas ou
luz e axudas á alimentación.
b. Revisar os protocolos de actuación de Servizos Sociais nos casos de
desafiuzamento, e colaboración á hora de pedir aos xuíces a suspensión do
desafiuzamento cando este sexa por motivos económicos e se refira á vivenda
única e habitual.
c. Estudar a posibilidade de que o Concello adquirira Viviendas de
Protección Oficial de carácter municipal nas que o propietario non poida facer
frente a súa hipoteca para posteriormente realquilársela con opción a recompra
futura, cláusula que debera figurar en todos los alquileres sociales.
d. Non poñer ningún axente da Policía Local a disposición das ordes de
desafiuzamento.
e. Interpelar ás entidades financeiras que operan no municipio para
esixirlles a paralización dos desafiuzamentos e a condonación de débedas
ilexítimas froito do actual proceso de execución hipotecaria, coa indicación de
que en caso contrario, procederase á retirada dos fondos municipais de ditas
entidades.
f. Crear a Oficina de Intermediación Hipotecaria Municipal para poder axudar
ás persoas afectadas polos desafiuzamentos, coa colaboración dos servizos
xurídicos do Concello.
g. Promover a educación financiera dende a idade escolar, complementado con
accions formativas e divulgativas para adultos. Realizando tamén campañas publicitarias
periódicas que preveñan o endebedamento excesivo.