“O Grupo Municipal Socialista denunciamos o abandono e insalubridade dun solar na zona da Praza das Viñas e esiximos o dragado inmediato e a búsqueda de solucións para este niño de infección”


Dende o Grupo Municipal Socialista queremos denunciar a situación na que se atopa un solar que se atopa nas inmediacións da Praza das Viñas, na rúa Arquitecto Pedro de Monteagudo, cunha obra na que se realizou a escavación para deixala sen rematar e polo tanto facendo que se converta nunha piscina de auga sucia e insalubre na que proliferan alimañas e insectos moi molestos para os veciños das edificacións colindantes.


Esperamos que dende o Concello se proceda a dragar e sanear dito solar para despois repercutirllo ao propietario e que busque solucións para que este foco de porquería deixe de atoparse nesta situación por moito tempo.
Anterior
Anterior

“OS CIDADÁNS DE ARTEIXO ESTÁN A PAGAR A INEPTITUDE DO SEÑOR CALVELO CON RESPECTO AO SERVIZO DE XESTIÓN DA AUGA”

Siguiente
Siguiente

A Agrupación local de Arteixo do PSdeG-PSOE acompaña no sentimento a familia do compañeiro Venancio García Viña