“OS CIDADÁNS DE ARTEIXO ESTÁN A PAGAR A INEPTITUDE DO SEÑOR CALVELO CON RESPECTO AO SERVIZO DE XESTIÓN DA AUGA”
Dende o Grupo
Municipal Socialista estamos profundamente preocupados pola situación que se
está a vivir no noso concello coa auga e a súa xestión. Os nosos dirixentes se
enzarzan en batallas persoais inexplicables contra algúns traballadores de
AUGARSA, mentres moitas parroquias do noso concello seguen con problemas na
presión da auga, cando recibimos a auga enlodada cada tres días e vemos como se
repite a situación do ano pasado cando chega o bo tempo, volta a baleirarse o
depósito de Pastoriza sen que ninguén tome medidas no consumo excesivo de auga
nin na captación de auga para a limpeza que xa pedimos en dous plenos que fora
recollida de Sabón.
Os
cidadáns esperan do seu goberno que tome as medidas necesarias para solucionar
problemas e non para crear máis que os existentes, polo que non entendemos esa
guerra fraticida por parte do concello contra o xerente de AUGARSA nos medios de comunicación, un traballador
contratado baixo o goberno do PP e que leva exercendo moitos anos esa función
con educación e cun trato correcto cos sucesivos gobernos, este traballador é veciño do noso concello e
semella que segundo Calvelo é o culpable de tódolos males do noso sistema de
xestión da auga municipal e que como xa dixemos en outras ocasións naceu ferido
de norte por unha pésima adxudicación por parte dos señores do PP que agora se
levan as mans a cabeza. O que faría un goberno que non fora un irresponsable
como o actual é tomar as medidas disciplinarias que fosen oportunas contra
aqueles traballadores que non exercesen as funcións que lle son asignadas e
deixarse de facer publicamente un escarnio contra unha persoa determinada polo
que pedimos un pouco de mesura e sentido común nas manifestacións públicas que
saen dos nosos dirixentes.
Por
outro lado dende este grupo voltaremos a preguntar, porque se baleirou outra
vez o depósito de Pastoriza, por que non se están a tomar medidas de aforro no
consumo de auga, por que non se utiliza outro tipo de auga como a do embalse de
Sabón para a limpeza, cantos cartos lle custará novamente aos noso cidadáns a
ineptitude dos nosos dirixentes na xestión da auga do depósito de Pastoriza e
cando van a solucionar os problemas que existen coa traída da auga nun servizo
que está intervido polo noso concello.