“O Grupo Municipal Socialista denunciou onte a situación de impunidade e de todo vale que volta a imperar no concello de Arteixo dende a chegada de Calvelo ao goberno local”
O
Grupo Municipal Socialista de Arteixo denunciou onte no Pleno Ordinario a
situación de impunidade e de todo vale que voltamos a respirar no Concello de
Arteixo, onde a
palabra "vai facendo" e "non te preocupes que xa amañaremos o
xeito de que poidas" comeza a ser de novo o sistema de funcionamento dos
nosos dirixentes.
No
Grupo Municipal Socialista De Arteixo estamos preocupados por un sistema que se eliminara dende a saída do
anterior goberno do PP en Arteixo e que tantos perxuizos trouxo e traerá para
os nosos cidadáns e que crea unha situación de impunidade e de desasosego nos
veciños do noso concello e de posibles repercusións económicas ante posibles
ilegalidades encubertas.
Nesta
liña e debido a existencia de amigos, persoas cercanas e familiares de
dirixentes do Partido Popular interesados no tema, o xeito de tratar as
solicitudes de terrazas nos locales de hostelería roza o esperpento, non se
remata coa ordenanza de terrazas solicitada e aprobada no pleno anterior e nin
tan sequera se utiliza o sentido común para establecer criterios lóxicos neste
tipo de infraestructuras como sucedeu no caso da Cervecería Sampaio, a todas
luces ilegal e como esta terraza que lle permitiron situar a Churrería CHUAH na
Avenida Fisterra, cando existen veciños que lle pediran ao concelleiro de
Seguridade, o señor Novo, que solicitase a colocación dunha marquesina para a
parada do bus que existe nese punto e dixo que non era unha cuestión súa, pero
si o é dar permiso para este monstruo de terraza nun local que xa ten unha
interior.
Ollo
porque dende o Partido Socialista de Arteixo denunciamos que volta a existir un
goberno feito as ordes dos poderosos e que trata diferente aos seus amigos que
ao resto dos cidadáns.