XA SIN AQUALIA COMO DISCULPA, O GOBERNO DE CALVELO DILAPIDA OS FONDOS MUNICIPAIS PROCEDENDO A ENCHER O DEPÓSITO DE PASTORIZA POR TERCEIRA VEZ NO VERÁN, SEN TOMAR MEDIDAS PARA MINIMIZAR CONSUMOS
Dende o Grupo
Municipal Socialista estamos profundamente preocupados polas actitudes de
despilfarro que se están a vivir no noso concello co grupo de goberno do señor
Calvelo e neste caso coa auga e a súa xestión. Os nosos dirixentes intentaron
ocultar detrás de acusacións improbadas de boicot dalgúns traballadores de
AUGARSA a súa ineptitude no continuo vaciado do depósito de Pastoriza,
procedendo a carrexar auga con camións cisterna cunha factura millonaria que
terán que pagar tódolos nosos veciños, e resulta que este fin de semana
procedeuse a encher por terceira vez dito depósito cando AUGARSA xa non
xestiona o servizo e éste depende única e exclusivamente do concello e dos
42.000 euros que lle pagamos ao concelleiro de obras e servizos.
Esta
situación non é nova e xa na época do goberno de Pose se procedía a facer estes
transportes de auga que lle saen carísimos ao noso concello e que se correxiron
no anterior mandato, procedendo a efectuar un uso responsable da auga e
minimizando consumos en riegos, duchas públicas,… ademais de pedirlle aos
veciños que foran responsables no consumo da auga. Coa chegada do señor
Calvelo, puxéronse fin a estas sanas costumes e incrementouse dun xeito
importante os consumos en riegos, limpezas,… , ademais de non pedir un uso
responsable deste ben esencial e limitado como é a auga.
Ata
o momento trataron de agochar a súa irresponsabilidade en posibles boicots de
algúns traballadores de AUGARSA que segundo as súas opinións estaban procedendo
a vaciar o depósito intencionadamente e resulta que o primeiro fin de semana
tralo remate da xestión de AUGARSA, xa temos que proceder a encher o depósito
de Pastoriza por terceira vez no verán con camións cisterna, deixando claro que
a única responsabilidade deste gasto é dos señores do PP e o seu uso
irresponsable dos fondos públicos. Dende o noso grupo comezamos a preguntarnos
se alguén estará interesado en favorecer a alguén con este gasto millonario que
sae do bolsillo de tódolos cidadáns.
Dende o Grupo Municipal
Socialista voltaremos a preguntar no pleno porque se baleirou outra vez o
depósito de Pastoriza, por que non se están a tomar medidas de aforro no
consumo de auga, por que non se utiliza outro tipo de auga como a do embalse de
Sabón para a limpeza dos solos, cantos cartos lle custará aos noso cidadáns a
ineptitude dos nosos dirixentes na xestión da auga con tres enchidos no que vai
de verán do depósito de Pastoriza.