O PP de Calvelo traspasa 230.000 euros do Plan de Emprego Municipal á remodelación da Praza do Balneario, nunha obra que anunciaran que financiaría nunha parte a Xunta de Galicia
O Grupo Municipal Socialista denuncia o
modificado de crédito que o Partido Popular trouxo esta mañá á Comisión de
Asuntos do Pleno, onde se traspasaban 230.000 euros do Plan de Emprego
Municipal á remodelación da Praza do Balneario e a peonalización da rúa das
Frores.
Nos tempos que vivimos o grupo do señor
Calvelo destina os fondos en materia de emprego a facer obras que son de
dubidosa necesidade para os nosos veciños, mentres elimina os fondos en materia
de emprego, ademais dita obra anunciouse nos medios de comunicación no mes de
Xuño que se levaría a cabo cunha subvención da Xunta de Galicia que agora desaparece por
arte de maxia e que simplemente foi un anuncio de cara a galería da Delegada da
Xunta de Galicia na Coruña.
Por outra banda o Grupo Socialista solicitou
ao concello que consultara cos empregados do Concello en que datas levar a cabo
os festivos do ano 2014.