LUIS VÁZQUEZ (CONCELLEIRO DO PSDEG-PSOE DE ARTEIXO) : “O INMADURO COMPORTAMENTO DO SEÑOR CALVELO NA XESTIÓN DA AUGA PON EN RISCO AOS NOSOS VECIÑOS E A ECONOMÍA DO NOSOS CONCELLO”
Dende o Grupo
Municipal Socialista estamos profundamente preocupados pola inmadurez e falla
de seriedade na xestión municipal que está a levar a cabo o señor Calvelo co
servizo de augas, creando importantes alarmas sociais con temas básicos como a
auga para consumos dos nosos veciños. Ademais, despois de dous anos de goberno,
vemos como se incrementa a súa nefasta xestión deste servizo, con multitude de
problemas na calidade da auga da traída case sempre loda, con continuos
vertidos nas nosas cuncas fluviais e con continuos fallos de presión de auga que sofren os nosos cidadáns
neste dous últimos anos, problemas que se incrementaron, sen dúbida, dende a
intervención do servizo polo actual goberno a principios deste ano.
Todo isto ben acompañado ademais
dunha xestión completamente ineficaz e irresponsable cun ben limitado como é a
auga, tendo que soportar os continuos despilfarros deste ben en regos e
limpezas sen que se tomaran medidas para controlar o uso que se fai dun ben que
logo non chega as vivendas dos nosos veciños ademais de ter que usar
continuamente camións para encher os noso depósitos, situación que non se daba
dende o goberno do señor Pose e que pode supoñer máis de 300.000 euros ás arcas
do noso municipio e ao bolsillo dos nosos cidadáns.
O último capítulo tivémolo que vivir
onte, cando o grupo de goberno do PP, tratou de utilizar unha suposta avaría
irreparable nas dúas bombas de impulsión da auga que suministra ao depósito de
Pastoriza que podería deixar sen auga tres días aos nosos veciños, todo este
numerito para tapar mediáticamente o seu comportamento antidemocrático coa
imposición dun regulamento orgánico que deixa a oposición e aos veciños sen
dereitos básicos como cidadáns. Curiosamente pola tarde amañouse o problema e
unha das bombas volta a estar en funcionamento e non se quedaron os veciños sen
auga como dixeran pola mañá alarmando a poboación sen ter estudado o tema e
avaliado cun comportamento inapropiado para dirixentes adultos e máis propio de
nenos.
Dende o Grupo Municipal nos facemos
as seguintes preguntas que deberían de ser contestadas polo goberno:
1.
¿Canto lle custou aos bolsillos dos nosos veciños o
transporte de auga en cisternas durante todo o verán e por qué isto non sucedía
na lexislatura anterior?
2.
¿Sale alguén beneficiado económicamente deste gasto
tan elevado?
3.
¿Por qué se acusaba a anterior dirección de AUGARSA
de boicot para agora que o servizo está en mans municipais continúe con
problemas aínda maiores que este?
4.
Se é certo que agora atoparon e arranxaron
numerosas fugas no sistema como dixeron nos medios de comunicación, porque o
depósito de Pastoriza estaba antes da avaría no 60% a finais de Setembro e
antes da chegada do goberno PP a estas alturas do ano estaba sempre a tope para
ter marxe de maniobra antes de posibles avarías?, Ou hai fugas ou hai un
consumo irresponsable.
5.
¿Por qué se avarían as dúas bombas de impulsión?,
¿Téñense traballando por encima do amperaxe nominal e polo tanto queimanse por
traballar cun consumo que non soportan?
O que está claro é
que o prioritario para este grupo é darlle un servizo axeitado aos noso
cidadáns e levar a cabo as infraestructuras en servizos básicos como son a
traída de auga e o saneamento para tódolos veciños por igual e moito nos
tememos que pode ser que se estén a gastar os cartos en obras innecesarias como
o campo da festa, a praza do balneario, o cambio de beirarrúas novas na zona
norte e outra multitude de obras, para logo non poder levar a cabo as obras de
inversión que necesitamos para acabar cos problemas de suciedade e de falla de
presión de auga que padecen moitos veciños.