MOCIÓN POR UN FUTURO DE ARTEIXO INDEPENDENTE
Ó
PLENO DO CONCELLO DE ARTEIXO
Martín Seco García na
súa condición de voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo,
comparece e como mellor en dereito proceda DI:
Que o abeiro do
disposto nos artigos 97 da Lei 5/1997, do 22 de Xullo, Lei de Administración
Local de Galicia, 91,4 e 97 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de Novembro, polo
que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico
das Entidades Locais, e 46.2 da Lei 11/1999, do 21 de Abril, Lei de
modificación da Lei Reguladora de Bases do Réxime Local e outras medidas,
presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Ante
a existencia de continuas declaracións aos medios de comunicación de
representantes doutras administracións do noso entorno que avogan por unha
fusión entre os concellos de A Coruña e Arteixo, dende o Grupo Municipal
Socialista queremos rematar coas continuas insinuacións recibidas por axentes
externos ao noso concello e facer pública deixar clara e publicamente a
posición unánime desta corporación por un futuro de Arteixo independente e poñer en valor a pertenza a un Concello
saneado economicamente, con xente moza e emprendedora, rico no cultural, no medioambiental,
no turístico e no industrial e cun futuro prometedor se é xestionado con
sentido común e pensando no futuro dos nosos veciños e o seu benestar.
A
maiores, dende o noso grupo apostamos pola inaprazable posta en funcionamento
de novos mecanismos de colaboración co resto dos concellos da nosa comarca,
entre eles a cidade de A Coruña, para que dita colaboración redunde no benestar
dos nosos veciños coa posta en común de servizos como o transporte público,
formación, auga, saneamento, infraestruturas, cultura, servizos sociais,…. E
cremos que o resto dos grupos da corporación tamén.
Por todo o anteriormente exposto, propoño ó
pleno desta Corporación a adopción do seguinte,
ACORDO:
A
Corporación do Concello de Arteixo, comprométese a celebrar, na maior brevidade
posible, unha Xunta de Voceiros para consensuar unha declaración institucional,
na que se
reafirme o noso compromiso público cun futuro de independencia para Arteixo e
pola posta en funcionamento de mecanismos de colaboración co resto dos
concellos da comarca que redunden no
benestar dos nosos cidadáns.