O Grupo Municipal Socialista presenta un rogo pedindo o arranxo de tres rúas na Zapateira
Ó PLENO DO
CONCELLO DE ARTEIXO
Don Martín Seco García,
na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo,
comparece e como mellor en Dereito proceda DI:
Que o abeiro do
disposto no artigo 97.6 do Real Decreto 2586/1986, do 28 de Novembro, polo que
se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais, veño a plantexar ós órganos de goberno o seguinte:
ROGO
Ante o mal estado que se atopan estas rúas
do noso Concello (adxuntamos fotos do
estado das rúas):
RÚA CAMINO DE LA COLINA (No costado dereito do Clube de Golf de A
Coruña): A terra invade as beiras estreitando a vía. Multitude de baches e zanxas
mal tapadas. Todo o firme atópase en mal estado.
RÚA LOLA ANGLADA SARRIERA (No costado dereito do Clube de Golf de A
Coruña): A terra invade as beiras estreitandola vía. Multuitude de baches e zanxas
mal tapadas. Todo o firme atópase en mal estado.
RÚA MARÍA DEL CARMEN
CORREDOIRA (Entrada da estrada
do Polvorín cara a residencia de estudantes Século XXI): Baches moi profundos. Tramo
de inicio estreito que casi non pasan dous vehículos á vez. Resulta vergoñento ver
ata onde asfaltou o Concello de Culleredo e o noso concello ten a vía en total
abandono (uns 200m).
Dende o Grupo Municipal Socialista
rogámoslle ao grupo de goberno que solucione os problemas destas rúas do noso
Concello.