O goberno local debe articular medidas para rematar coa ola de roubos e inseguridade que viven os veciños de Ranobre
Son
moitos os veciños/as de Rañobre que están preocupados pola inseguridade que se
está a vivir no noso concello nos últimos tempos. Os/As veciños/as desta parroquia
están sufrindo continuos roubos nas súas propiedades e nas súas colleitas sen
atopar aínda solución por parte daqueles que deben salvagardar os intereses dos
seus veciños/as, ditos roubos chegaron incluso ao interior de dúas vivendas de
dita parroquia e a cidadanía de Rañobre síntese coa necesidade de que o noso
goberno local articule aquelas medidas dende o Concello e as outras
administracións para que ditos roubos se deixen de producir con tanta
facilidade para os delincuentes que atentan nesta parroquia.
Dende o noso grupo solicitamos e así o faremos no pleno deste mes de Outubro que se poñan en marcha medidas dende a Xunta de Seguridade Local para conseguir frear a aparición destes episodios tan desagradables para os nosos/as veciños/as.