Alegacións do PSdeG-PSOE ao Regulamento Orgánico Municipal de Arteixo por unha maior transparencia, participación e democracia
Dende o noso partido valoramos o Regulamento aprobado en solitario como o maior retroceso democrático e participativo da historia da democracia en Arteixo e sabemos que este regulamento continua co camino contra a transparencia que leva dado o Partido Popular dende a súa chegada ao gobernó municipal.
As alegacións redactadas polo noso Grupo Político e que coinciden nun alto porcentaxe coas presentadas polo resto da oposición intentan poñer as vendas á ferida que dita normativa establece para tódolos cidadáns e que non só limita a participación e a democracia para os partidos políticos senon que o fai con toda a sociedade.
Unha norma como é o ROM dun Concello debería de ser consensuada sempre entre tódolos membros da corporación para ter continuidade no tempo e algo pasará cando tódolos partidos da oposición, con membros de diferentes sensibilidades ideolóxicas, estamos profundamente preocupados e poñemos en común unhas alegacións que intentan poñer fin as limitacións democráticas que intenta levar a cabo o PP.
Agora farémosllas chegar ás asociacións veciñais para entre todos esixir do alcalde Calvelo que convoque un Consello Veciñal antes de contestar a ditas alegacións, no que se debata unha norma que implica a tódolos axentes sociais do noso concello e que deixou perplexas a moitas asociacións de veciños cando lles foi explicada por este partido político.
ALEGACIÓNS:
Eu, Martín Seco García, voceiro do PSdeG-PSOE no Concello de Arteixo, con DNI *********, e con domicilio en ********************e mail a efectos de comunicación *****************, comparece ante o Pleno da Corporación Municipal e
EXPON :
No mes de
Setembro de 2013 vense de aprobar inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal
do Concello de Arteixo.
Texto Aprobado: http://www.arteixo.org/informacion/ordenf/2013/rom20131017.pdf
Texto Aprobado: http://www.arteixo.org/informacion/ordenf/2013/rom20131017.pdf
Entendemos
que este novo Regulamento aprobado e solitario polo goberno do Grupo do Partido
Popular, non establece condicións de maior transparencia, democracia e
participación para os/as nosos/as veciños/as que os que xa figuran nas leis que
rexen o actual funcionamento municipal deste concello, e camiño de formular un
regulamento que si faga posible unhas condicións de maior transparencia e
participación para tódolos nosos cidadáns, formulamos as seguintes
ALEGACIÓNS:
1.-
Trocalo artigo 2: INTERPRETACIÓN DO ROM, “alcalde ou alcaldesa” por “Pleno da
Corporación Municipal”
2.- Engadir no artigo 3.1
do TÍTULO I: DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS “coas listas electorais
dos” na segunda liña despois de corresponderán.
3.- Trocar
no artigo 3.4 do
TÍTULO I: DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS “un suplente” por “suplentes”
4.- Engadir no artigo 5.7 do TÍTULO I: DOS GRUPOS
POLÍTICOS MUNICIPAIS ao final do punto “…e nomear os/as suplentes que o/a substitúan en caso
de ausencia e/ou enfermidade.
5.- Trocar o texto do Artigo
7.1 do TÍTULO
I: DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS, por: “Os grupos políticos disporán, na sede da entidade local, dun
despacho ou local para reunirse e desenvolver o seu traballo de maneira
independente e recibir visitas da cidadanía. Na medida das posibilidades da
entidade local o Alcalde ou concelleiro da área de persoal e réxime interior
poñerán a disposición dos grupos políticos unha infraestrutura mínima de medios
materiais e persoais.
6.- Trocar o texto do Artigo 7.2. do TÍTULO I: DOS GRUPOS POLÍTICOS
MUNICIPAIS por: “Os grupos políticos
poderán facer uso de locais municipais para realizar xuntanzas e sesións de
traballo sempre que estean a dispor. Estas xuntanzas non se permitirán se
coinciden con sesións de pleno ou porque a dispoñibilidade de espazos para
outros actos da corporación o impida. O uso dos locais por parte dos grupos
políticos só requerirá comunicación da celebración da xuntanza ou sesión de
traballo á alcaldía.
7.-
Trocar o Artigo 22.b
do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO, polo seguinte texto: “As deliberacións da Xunta de
Goberno Local serán secretas agás naqueles casos en que se traten asuntos
delegados polo pleno que serán públicas como dí a actual xurisprudencia”
8.-
Engadir un novo artigo 22.c despois do 22.b do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
co seguinte texto: “As
convocatorias das Xuntas de Goberno Local achegaránselle tamén aos/ás voceiras/os
do resto de grupos políticos con representación na corporación coa mesma
antelación que aos membros da mesma indicándolles a hora, lugar de celebración
e orde do día”.
O artigo 22.c pasa a ser 22.d,
O artigo 22.d pasa a ser 22.e
9.-
Engadir un novo
artigo 22.f . do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
despois do 22.e co seguinte texto: “O expediente cos asuntos tratados na orde do día e
estarán a disposición das/os concelleiras/os da corporación unha vez rematada
esta e ao longo día seguinte nas dependencias da secretaría municipal”
10.-
Eliminación de todo o artigo 23.3 do TÍTULO
II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO que versa sobre a creación dun
sistema de invitacións para asistir ao pleno.
11.-
Eliminación do texto do artigo 23.5 do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
dende “ Non
se permitirá…” ata “…reivindicacións.”
12.-
Eliminación dos artigos 23.6 e 23.7 do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
13.- Introducir no artigo 24. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
os seguintes puntos:
k) Proposición
l) Iniciativa popular
ll) Declaracións institucionais
m) Voto particular
n) Emenda
ñ) Interpelacións
o) Comparecencias.
14.- Trocar no artigo 25. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
dende “En todo caso, ningunha sesión terá unha
duración superior…” ata o final do artigo por: “Nas sesións plenarias
establecerase un descanso de 15 minutos cada dúas horas de reunión.”
15.-
Trocar o artigo 26.1 do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
polo
seguinte texto: “A Policía Local
velará porque o aforo sexa o axeitado ao espazo existente e só se reservará un
mínimo de butacas para os membros dos medios de comunicación”
16.- Engadir no Artigo 27.1 do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
a palabra
“deberá”, despois de “….delegadas/os e…” e antes de “…consultar á Xunta de
Voceiros/as”.
17.-
Eliminar o texto no Artigo 28.1. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
“Cada grupo
político poderá presentar un máximo de dúas mocións e os membros non adscritos
unha”
18.-
Eliminar o texto no artigo 28.2. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
que vai
dende “Estas mocións deberán referirse…” ata o final do artigo.
19.-
Trocar o texto no artigo 29.1. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
“non
podendo exceder a xustificación da mesma de tres minutos” por “xustificará a urxencia nunha
intervención breve e concisa” e engadir
ao final do artigo: “…O debate rematará cunha intervención do poñente”
20.-
Eliminación do
Artigo 29.2. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
21.-
Trocar o artigo 31 do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
polo seguinte texto:
No caso de producirse debate dentro
do asunto da orde do día a tratar,
cumpriranse as seguintes normas:
1.- O presidente dirixirá o desenvolvemento da sesión e resolverá
cantos incidentes poidan perturbar o normal desenvolvemento desta. Os asuntos
debateranse e votaranse seguindo a orde do día, se ben por causa xustificada
poderá cambiarse a orde dos mesmos ou retiralos.
2.- Para o mellor
desenvolvemento dos debates, a presidencia dispoñerá que o/a secretaria/o dea
lectura íntegra ou en extracto do ditame formulado pola comisión informativa
correspondente, ou se trata dun asunto urxente non ditaminado por esta, da
proposición que se someta ao pleno. Darase lectura íntegra daquelas partes do
expediente e do informe ou ditame da comisión cando sexa solicitado por algún
dos grupos municipais.
3.- No caso de producirse debate
dentro do asunto da orde do día a tratar, as intervencións serán ordenadas polo
Alcalde ou Alcaldesa, conforme as seguintes normas:
a) Só se poderá facer uso da palabra
previa autorización da Presidencia.
b) O debate comezará coa exposición e
xustificación da proposta, que será breve e concisa, a cargo dalgún das/dos
membros da corporación que a subscriban.
c) Os diversos grupos consumirán unha
primeira quenda por orde decrecente de representatividade na corporación ( medirase
polo número de concelleiras/os, e se fora o mesmo ao de votos obtidos na
listaxe electoral), empezando polo grupo mixto que repartirá o seu tempo de
intervención entre as/os membros. Esta primeira intervención poderá durar un
máximo de 10 minutos. O tempo poderá ser ampliado en función da importancia ou
transcendencia do asunto que se trate. A ampliación do tempo nos asuntos será
acordado na xunta de voceiros previa a celebración da sesión.
d) Unha vez finalizada esta primeira
quenda o poñente poderá facer uso da palabra coa mesma limitación temporal.
e) De o solicitar algún grupo,
procederase a unha segunda quenda. A segunda intervención non poderá exceder de
5 minutos. O poñente poderá pechar a
quenda ratificando ou modificando a súa proposta. Se o poñente fai uso da palabra
a alcaldía non poderá intervir mais que para someter a votación o asunto.
f) Quen se considere aludido
por unha intervención poderá solicitarlle á presidencia unha quenda por
alusións que durará como moito un minuto.
g) As/os membros da corporación
poderán, en calquera momento do debate, pedir a palabra para expoñer cuestións
de orde, invocando a norma de aplicación.
h) A intervención dalgún dos
habilitados nacionais presentes durante o debate dos asuntos incluídos na orde
do día quedará limitada a informar dos aspectos legais do asunto que se
discuta, cando medie requerimento expreso da presidencia, ou lle dea esta a
palabra previa solicitude cando entenda que no debate se suscita algunha
cuestión en que puidera dubidarse da súa legalidade ou puidese ter implicacións
orzamentarias.
i) As/os voceiros dos grupos,
durante o debate, poderán pedir a modificación do ditame, a súa retirada para
os efectos de que se incorporen ao mesmo documentos ou informes, ou que quede
sobre a mesa para o seu debate e votación na seguinte sesión. O poñente poderá
acceder á petición. A solicitude de retirada dun asunto da orde do día será
decidida por maioría simple antes de proceder á votación sobre o fondo do
asunto.
j) No caso de presentarse
votos particulares ou enmendas, deberán debaterse en primeiro lugar antes do
ditame ou proposición correspondente, iniciándose a intervención polo
formulante, seguirá a orde establecida para os ditames e pechará o poñente.
22.- Modificar o contido do artigo 34.
do TÍTULO
II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO polo seguinte texto:
Pechado o debate dun asunto a
presidencia someterao a votación. Cando existan emendas ou votos particulares,
someteranse a votación en primeiro lugar as emendas e votos particulares e, por
último, as propostas. Se o resultado dunha votación é positivo, non haberá máis
debate nin votacións sobre o mesmo obxecto concreto da votación.
Unha vez iniciada a votación esta
non poderá interromperse por ningún
motivo, polo que durante o desenvolvemento da votación a presidencia non
concederá o uso da palabra e ningún concelleiro ou concelleira poderá entrar e
saír do salón das sesións.
Rematada a votación ordinaria, a
Presidencia declarará o acordado.
Se a votación fose nominal ou
secreta, o/a Secretario/a computará os votos emitidos e anunciará o resultado
en voz alta. A presidencia proclamará o acordado
Proclamado o acordo adoptado, os
grupos que non interviñesen no debate ou que cambiasen o seu sentido do voto
despois do debate, poderá solicitar da presidencia unha quenda para a
explicación do voto, o tempo non poderá ser superior a tres minutos.
23.-
Introducir un novo artigo 35. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO “Clases de Votacións” co
seguinte texto:
35.1 As votacións poden ser : ordinarias, nominais ou secretas.
a)
Ordinarias son as que se manifestan verbalmente ou con signos de asentimento,
desestimento ou abstención das/os membros da corporación.
b) Son votacións nominais aquelas
que se realizan mediante o chamamento por orde alfabético de apelido sendo o
último en votar a presidencia. O Secretario xeral chamará a cada membro da
Corporación e este ao ser chamado responderá “si”, “non” ou “ abstención”. O/A
secretaria/o Xeral computará os votos emitidos e o seu sentido a presidencia
proclamará o resultado acordado.
c) Son votacións secretas as que se
efectúen mediante papeleta que cada membro da Corporación deposita nunha furna.
O/A secretaria/o Xeral computará os votos emitidos e o seu sentido a
presidencia proclamará o resultado acordado
35.2 O sistema normal de votación
será a votación ordinaria
35.5 Abstención: Sen prexuízo causas de incompatibilidade establecidas
pla Lei, os membros da Corporación deberán absterse de participar no debate e
votación de todo o asunto cando concorra algunhas das causas ás que se refire a
lexislación do procedemento administrativo e contratos das administracións
públicas.
Neste caso o interesado deberá
abandonar a sala mentras se discute e vota o asunto, agás cando se trate de
debater a súa actuación como membro da Corporación, en que terá dereito a
permanecer e defenderse.
24.-
Trocar o texto do artigo 35.
do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN
NECESARIA DO CONCELLO por:
Rogos:
a) Os
rogos poderán presentarse polos voceiros e polos concelleiros “in voce” ou por
escrito e poden ser contestados na mesma sesión, de ser posible, ou na seguinte.
Serán contestados polo Alcalde ou concelleiro con responsabilidade de goberno
sobre a materia a que se refira.
b) En
ningún caso os rogos poderán ser sometidos a votación, pero si valorada a
contestación polo autor da iniciativa.
25.- Trocar o texto do artigo 36. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO por:
Preguntas:
a) As
preguntas plantexadas por escrito presentaranse 24 horas antes do comezo da sesión do Pleno e
habitualmente contestaranse, de forma oral, na mesma sesión e se non fora
posible na seguinte; non obstante o autor da pregunta pode optar pola resposta escrita que se fará no
prazo de 5 días. Na sesión plenaria poden presentarse por parte dos grupos tres
preguntas de xeito oral que se for posíbel contestaranse na mesma sesión
plenaria.
b) Non
se admitirán a trámite preguntas sobre asuntos que non foran de competencia
municipal, as que se formulen vulnerando as regras de cortesía contidas neste
Regulamento, as que sexan de exclusivo interese persoal de quen as plantexa, e
as que supoñan unha consulta de índole estritamente xurídica.
c) Non
se producirá debate sobre a resposta á pregunta.
d) As
preguntas presentadas, serán contestadas verbalmente na sesión plenaria polo
Alcalde, ou por calquera membro do Goberno Municipal, responsable da área á que
se refira a pregunta.
26.-
Introdución dun novo artigo denominado no TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO chamado “PROPOSICIÓNS” e queda redactado do
seguinte xeito:
a) Son
os proxectos de acordo presentadas polos grupos políticos municipais e polas/os
concelleiras/os sen responsabilidade de goberno, en materias de competencia
plenaria.
b) As
proposicións conterán unha exposición de motivos e a parte dispositiva do
acordo que se propoña, sobre materias nas que deba decidir o Pleno do Concello.
c) Deberán
presentarse no Rexistro Xeral a celebración da sesión e serán remitidas ao
servizo competente para a súa tramitación
d) O
debate e votación axustarase o recollido neste Regulamento
e) A
presidencia, previo acordo da Xunta de Portavoces, poderá incluír na orde do día da sesión plenaria ordinaria todas as propocións que sexan competencia do
pleno e se axusten ao ordenamento xurídico.
27.-
Introdución dun novo artigo no TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
denominado “DECLARACIÓN INSTITUCIONAL” queda
redactado así:
a)
As declaracións institucionais non terán efectos executivos.
b) As declaracións institucionais
poderán conter peticións dirixidas a outras Administracións Públicas.
c) Poderán
ser promovidas polo Alcalde, a xunta de portavoces, ou polos portavoces dos
grupos; cando a declaración institucional sexa promovida pola xunta de portavoces
someterase directamente ao Pleno, sen necesidade do preceptivo ditame da
Comisión competente.
28.- Introdución dun novo artigo
no TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN
NECESARIA DO CONCELLO chamado “VOTO PARTICULAR” queda redactado así:
É a proposta de modificación do ditame
pola comisión, presentado po un membro discrepante para o seu debate e votación
en pleno.
a) O concelleiro discrepante deberá
presentar o voto particular nos dous días seguintes ao da sesión da Comisión
para a súa incorporación ao ditame.
b) O voto particular presentado será
debatido e votado antes da votación do ditame da Comisión, que será modificado
de aprobarse aquel.
29.- Introdución dun novo artigo no TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
chamado “ EMENDA” queda
redactado así:
É a proposta de modificación dun
ditame emitido pola Comisión sobre un proxecto, proposta ou proposición,
presentada por escrito por calquera membro da Corporación.
a) As
emendas deberán presentarse no Rexistro do Pleno 24 horas antes da celebración
da sesión.
b) As
emendas poderán ser de supresión, adición, modificación transaccionais.
c) Admitiranse
emendas “in voce” para corrixir erros materiais ou omisións, e tamén cando
sexan aceptadas polo autor da iniciativa obxecto de debate.
d) No
caso de que as emendas sexan rexeitadas, o Presidente someterá a votación, sen
máis debate, o texto do proxecto, proposta, proposición ou moción nos termos
expresados no ditame emitido por maioría.
30.- Introdución dun novo artigo no TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
chamado INTERPELACIÓNS” queda
redactado así:
Son manifestacións sobre os motivos e
obxectivos dunha determinada actuación do Goberno Municipal, en materia de
política municipal ou de cuestións de acentuada relevancia, presentadas polas/os
voceiras/os dos grupos nas que se admite debate.
a) As interpelacións deberán
presentarse no Rexistro do Pleno dous días antes da data fixada para a
celebración da sesión na que se pretendan incluír.
b) O debate das interpelacións
limitarase a unha quenda de exposición polo autor da iniciativa, unha quenda de
contestación por un membro do Goberno Municipal e sendas quendas de réplica
para os intervintes.
c) As interpelacións non poderán ser
obxecto de votación e acordo.
d) As interpelacións deberán ser
contestadas polo membro do Goberno Municipal interpelado.
31.- Introdución dun novo artigo no TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO
chamado “COMPARECENCIAS”, queda redactado así:
As/Os Concelleiras/os con
responsabilidades de goberno comparecerán ante o pleno para informar de asuntos
da súa competencia, ben a iniciativa propia, ben a iniciativa dun grupo
municipal.
a) A
petición de comparecencia deberá de realizarse con quince días de antelación a
data da sesión na que se pretenda a súa intervención.
b) O
comparecente disporá dunha quenda de 10 para informar da materia obxecto da
comparecencia, e os portavoces ou concelleiros de oito minutos; se o
comparecente replicara, abrirase unha segunda quenda por un período non
superior a metade do empregado polo comparecente.
32.-
Troco de todo o texto do artigo 37. do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO CONCELLO que versa sobre as gravacións polo
seguinte texto:
37.1- O pleno é o máximo órgano de representación da cidadanía e as
súas sesións son públicas. Como actos públicos o Concello poñerá todos os
medios ao seu dispor para emitir a través da web en directo as súas sesións. En
calquera caso nas sesión públicas a cidadanía poderá reproducir por calquera
medio técnico as sesións sempre e cando non se altere a orde nin o normal
desenvolvemento das mesmas
37.2 Excepcionalmente, cando se trate
de asuntos cuxo debate e votación sexan secreto por poder afectar a dereitos
fundamentais da cidadanía, aos que se refire o artigo 18.1 da Constitución, o
Pleno por maioría absoluta poder acordar a prohibición das gravacións.
37.3.- o Concello informará nun panel
informativo na porta do Salón de plenos de que a sesión pode ser gravada e
reproducida en calquera formato.
33.-
Modificación do
texto dos puntos 3 e 4 do artigo 40 do TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN NECESARIA DO
CONCELLO polo seguinte texto:
4. O horario dos plenos
extraordinarios e extraordinarios urxentes procurarán facilitar a participación
da cidadanía nos asuntos públicos.
34.-
Trocar
todo o artigo 43 do TÍTULO III.- DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO
CONCELLO,
por
Comisións Informativas
43.1
a) As Comisións Informativas, integradas por
membros da Corporación, son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por
función o estudo, informe ou consulta e preparación dos asuntos que deban ser
sometidos á decisión do Pleno e da Xunta de Goberno Local cando esta actúa con
competencias delegadas polo Pleno, salvo cando haxan de adoptarse acordos
declarados urxentes. Todos os Grupos Políticos e concelleiros/as non adscritos
integrantes da Corporación terán dereito a participar nestes órganos, mediante
a presenza de concelleiros/as pertencentes aos mesmos.
b) Igualmente
informarán aqueles asuntos da competencia propia da Xunta de Goberno Local e do
alcalde ou alcaldesa que lles sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa
decisión de aqueles.
43.2
a) As
Comisións Informativas poden ser permanentes e especiais.
b) Son
Comisións Informativas permanentes as que se constitúen con carácter xeral, distribuíndo
entre elas as materias que deban someterse ao Pleno. O seu número e
denominación iniciais, así como calquera variación das mesmas durante o mandato
corporativo, se decidirá mediante acordo adoptado polo Pleno a proposta do
alcalde ou alcaldesa, procurando, na medida do posible, a súa correspondencia
co número e denominación das grandes áreas en que se estructuren os servizos
corporativos.
c) Son
Comisións Informativas especiais ás que o Pleno acorde constituír para un
asunto concreto, en consideración ás súas características especiais de calquera
tipo. Estas Comisións extínguense unha vez que ditaminaran ou informaran sobre
o asunto que constitúe o seu obxecto, salvo que o acordo plenario que as creou
dispuxese outra cousa.
43.3 O
alcalde ou alcalde/esa - presidente/a do Concello de Arteixo é o presidente/a
nato de todas as Comisións Informativas que funcionen neste Concello, sen
prexuízo de que poida delegar a presidencia efectiva en calquera membro da
Corporación.
Será
secretario/a das Comisións Informativas o/a Secretario/a xeral do Concello ou
o/a funcionario/a do Concello designado pola Alcaldía a proposta do/a
Secretario/a xeral de conformidade co disposto no artigo 13.2 do Real decreto
1174/1987, de 18 de setembro. “
43.4 Cada
Comisión estará integrada de forma que a súa composición se acomode á
proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos municipais e
concelleiros/as non adscritos representados na Corporación.
43.6
a)
Os ditames das Comisións Informativas non son
vinculantes aínda que si preceptivos como previos ás decisións que adopte o
Concello Pleno ou pola súa delegación á Xunta de Goberno Local.
b)
En supostos de urxencia e nas sesións ordinarias, o
Pleno ou a Xunta de Goberno Local poderán adoptar acordos sobre asuntos non ditaminados
pola correspondente Comisión Informativa, pero, nestes casos, do acordo
adoptado deberá darse conta á Comisión Informativa na primeira sesión que se
celebre. A proposta de calquera dos membros da Comisión Informativa, o asunto
deberá ser incluído na orde do día do seguinte Pleno con obxecto de que este
delibere sobre a urxencia acordada, no exercicio das súas atribucións de
control e fiscalización.
35.- Engadir ao remate do artigo 45.2 do TÍTULO III.- DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO
CONCELLO o seguinte texto: “e igualmente poderá requirir a
presenza de calquera concelleiro/a ou funcionario/a municipal para informar
sobre o asunto da súa competencia incluída na orde do día”
36.-
Engadir os seguintes puntos ao artigo 45 do TÍTULO III.- DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO
CONCELLO:
9 Sen
prexuízo das restantes funcións que lle asigne o presente Regulamento, a Xunta
de Voceiros deberá ser consultada previamente para:
a) Fixar
os criterios xerais para o mellor funcionamento de todos os órganos
corporativos e Comisións Informativas.
b)
Sinalamento das persoas que deben representar ao Concello nos casos en que este
debe estar representado institucionalmente en outros organismos.
c)
Interpretación deste Regulamento e aclaración das dúbidas que se susciten con
motivo da súa aplicación.
37.-
Engadir no artigo 47 do TÍTULO
III.- DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO CONCELLO, este texto ao final do redactado:
“…Os
acordos adoptados polos diferentes órganos políticos (actas dos plenos, acordos
de xunta de goberno, aprobación de orzamentos…), agás aqueles que a lexislación
vixente non o permita, serán públicos e estarán accesíbles nas dependencias
municipais e na páxina web do Concello de Arteixo. As convocatorias dos plenos ou de calquera outro organismo que
trate asuntos públicos deberá publicitarse tanto nas dependencias municipais como
por todos os medios dispoñíbeis polo concello (web, redes sociais, carteis
luminosos..)”
38.-
Substituir o contido do artigo
50. do TÍTULO
V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN, por:
a) As/os concelleiros serán invitados
aos actos oficiais e acontecementos públicos aos que deba concorrer a
Corporación en representación do Concello.
b) As/os concelleiros deberán recibir
un tratamento considerado e de respecto por parte de todo o persoal ao servizo
da Administración Municipal.
c) As/os
concelleiros terán dereito a acceder a tódolos edificios e instalacións destinados
á prestación de servizos públicos municipais e a obter dos seus responsables
información sobre a súa organización e funcionamento, harmonizando este dereito
co principio de eficacia e co réxime de traballo dos servizos municipais.
39.-
Eliminación do artigo 51 do TÍTULO
V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN
40.-
Modificación no artigo 52.1 do TÍTULO
V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN:
Engadir ao final deste artigo o
seguinte texto: “…Os funcionarios responsables dos diferentes servizos están
obrigados a facilitarlle o acceso directo á documentación custodiada na súa
dependencia, sen necesidade de autorización previa, tanto para o exercicio das
responsabilidades de goberno, como para o exercicio das súas funcións de membro
dun órgano colexiado ou do exercicio das funcións de control e fiscalización.
No suposto de que o funcionario responsable do servizo, no que estivera
depositada a documentación, non accedera a súa consulta directa polo
concelleiro solicitante, por ser unha petición xeneralizada e indeterminada,
por entorpecer o desenvolvemento normal
do servizo, ou por non quedar asegurada a integridade da documentación noutra
dependencia distinta, o concelleiro poderá solicita-lo acceso á información mediante
escrito dirixido ao Alcalde/esa ou concelleira/o responsable da área
concretando o seu obxecto. Esta solicitude de información entenderase estimada
por silencio administrativo no caso de que non se dite resolución expresa denegatoria
no prazo de cinco días hábiles, contando dende o seguinte ao da data de
presentación. En todo caso, a resolución denegatoria ha de ser motivada”.
41.-
Eliminar no artigo 52.5 do TÍTULO
V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN
“…sempre diante dun funcionario...”
42.-
Substituír o texto do artigo 52.7 do TÍTULO V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN por este:
“As/os concelleiras/os teñen o deber
de preservar a confidencialidade da información que se lle facilite para o
desenvolvemento da súa función, gardando sixilo dos asuntos que coñezan por
razón do seu cargo e responderán ante o Pleno do Concello do uso que fagan das
fotocopias da documentación a que tiveran acceso.
43.- Engadir no artigo 55.3 do TÍTULO V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN
despois de “…exclusiva…” o seguinte texto “…ou parcial….”
44.- Engadir no artigo 56 do TÍTULO V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN
despois de “…correspondente”, “ben directamente ben a través dalgún ou dalgunha
compañeiro/a de grupo”
45.- Engadir ao final do artigo 61 do TÍTULO VI. PARTICIPACIÓN CIDADÁ E O DEFENSOR
DA VECIÑANZA o seguinte texto: “…Deberá ser ratificado por 2/3 dos membros da
corporación local e será un cargo non retribuído”
46.- Engadir dous novos artigos no TÍTULO VI.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E O DEFENSOR DA VECIÑANZA
Artigo 62.
62.1-
As entidades inscritas no Rexistro Municipal
de Entidades poderán participar nas comisións informativas en que se traten
asuntos de pleno e poderán facelo non só a respecto da orde do día senón tamén
a respecto doutros temas de interese.
62.2
– As solicitudes de intervención na quenda de
participación cidadá rexistrarase con sete días naturais de antelación á celebración das comisións. O
escrito terá o nome da/o solicitante, teléfono, correo electrónico e unha
explicación do tema a tratar cando non se refira a asuntos da orde do día”
Artigo 63.
O concello de Arteixo fomentará o uso das novas
tecnoloxías da información e da comunicación a través do sitio web municipal
que permitirá: facilitar ao máximo as xestións coa administración local;
mellorar a transparencia da administración incorporando á rede toda a información de carácter público
que se xenere na institución local; facilitar á poboación o coñecemento da rede
asociativa local e a súa actividade; informar sobre os órganos existentes e os
procesos de participación; Dar a coñecer polo miúdo as iniciativas e propostas
dos grupos municipais ( preguntas, mocións, rogos, interpelacións, propostas…);
Dinamizar a web municipal creando a posibilidade de transmitir en directo os
plenos municipais; Facilitarlle á cidadanía na web municipal que participe con
propostas, suxestións, comentarios.
De todo o anterior alegado,
SOLICITA:
Se teñan
por formuladas as anteriores alegacións e na sua virtude, sexa modificado o
Regulamento de Organización Municipal en beneficio da transparencia, a
democracia e a participación cidadá.
En Arteixo, a 13 de Novembro
de 2013
Asdo:
Martín
Seco García
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo
SR
ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO CONCELLO DE ARTEIXO