Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo) : “O Partido Socialista considera un erro ampliala piscina municipal de Arteixo e non facer unha segunda infraestructura en Meicende ou Pastoriza ademais de non garantizar a construcción dunhas pistas de tenis e paddle”


Dende o Grupo Municipal Socialista estamos felices pola obra de reforma da piscina municipal que ven a significar un 25% da obra que se vai a levar a cabo e segundo o proxecto que imos a aprobar mañá en pleno. O que non aprobamos e que se leva a cabo a ampliación de dita piscina municipal e que non se faga esa mesma infraestructura nas parroquias de Meicende ou Pastoriza, que serviría para darlle servizos aos veciños da zona norte do Concello sen ter que desplazarse ata o centro do Concello, ademais esta era a promesa do señor alcalde na campaña electoral.

Por outra banda entristécenos ver como non se garantiza no proxecto de construcción das tan necesarias pistas de tenis que fai que os usuarios deste tipo de infraestructura teñan que practicalo no pabellón de Ponte do Brozos, un local que non está preparado para dito deporte e tampouco  se leven a cabo a contrucción das pista de paddle que viñan reflexadas no proxecto orixinal que tiña o goberno anterior.


Anterior
Anterior

Alegacións do PSdeG-PSOE ao Regulamento Orgánico Municipal de Arteixo por unha maior transparencia, participación e democracia

Siguiente
Siguiente

Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Dende o Partido Socialista en Arteixo intentaremos facer ver aos representantes das Asociacións Veciñais do Concello o retroceso democrático que supón o Regulamento Orgánico aprobado en solitario polo PP e animalos a que presenten alegacións a dito regulamento”