Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O goberno local debería informar aos cidadáns do que está a pasar co servizo público de Taxis e os seus teléfonos e de cómo se está dar o servizo de transporte adaptado”
Dende
fai uns días, as paradas de taxi do núcleo de Arteixo e Vilarodís non teñen en
funcionamento o teléfono que utilizaban os cidadáns para solicitar os seus
servizos, dende o concello de Arteixo e o seu máximo dirixente o señor Calvelo,
que é o membro do grupo de goberno que mantén as relacións cos empresarios de
dito servizo, non se ten informado de nada a cidadanía sobre a problemática que
impide que se poida comunicar cos taxistas e solicitar os seus servizos o que
sen dúbida ocasiona moitos problemas a aqueles que necesitan do seu uso, en
moitos casos anciáns e xente con problemas de mobilidade.
Por
outra banda dende o grupo de goberno deberían de dar explicacións sen demora,
de cómo se está a dar o servizo de transporte adaptado, se existe algún
contrato con este colectivo, se estivo en vigor dende que comezaron a dar este
servizo, se prestan dito servizo todolos
integrantes deste colectivo, se non son todos porque se exclúe a algúns, se
esta exclusión é legal, se existen favoritismos entre unha emisora e outra, se
o alcalde está a presionar aos taxistas para decirlles a que emisora deben
pertencer ou se deben ser unha soa ou varias.
Dende
o Grupo Municipal Socialista estamos moi preocupados pola deriva que está
tomando o noso alcalde con dito servizo e esperamos que o alcalde convoque unha
Xunta de Voceiros para dar explicacións sobre o anteriormente citado, posto que
sería de extrema gravidade que dende o goberno local se estivese interferindo
no desenrolo empresarial das dúas emisoras existentes no noso concello, se
estivesen establecendo favoritismos sobre unha ou outra, ou o que é peor, se
estivese presionando aos integrantes de ditas emisoras para unificar as súas
empresas con ameazas sobre o servizo público.