Martín Seco (Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo): “Dende o Partido Socialista en Arteixo intentaremos facer ver aos representantes das Asociacións Veciñais do Concello o retroceso democrático que supón o Regulamento Orgánico aprobado en solitario polo PP e animalos a que presenten alegacións a dito regulamento”
Hoxe, ás 20:30 horas na
sede local do PSdeG-PSOE de Arteixo temos convocado una reunión cos
representantes das AAVV de Arteixo para valorar a proposta de Regulamento
Orgánico Municipal que aprobou en solitario o Partido Popular e que nestes
instantes está en período de alegacións. Dende o noso partido intentaremos
facer ver aos representantes veciñais o retroceso democrático e participativo
que significa este regulamento e o camino contra a transparencia que leva dado
o Partido Popular dende a súa chegada ao gobernó municipal. Tamén explicaremos
as alegacións que ten redactadas o noso Grupo Político e animarémolos a que
tamén sexan eles quenes presenten obxeccións a una normativa que non só limita a
participación e a democracia para os partidos políticos senon que o fai con
toda a sociedade e como representantes dela deberían tomar cartas no asunto
para presionar ao alcalde Calvelo para que teña a ben redactar un regulamento
que aceptemos tódolos partidos políticos e os representantes dos cidadáns.
Unha norma como é o ROM
dun Concello debería de ser consensuada sempre entre tódolos membros da
corporación para ter continuidade no tempo e algo pasará cando tódolos partidos
da oposición, con membros de diferentes sensibilidades ideolóxicas, temos que
marchar dun Pleno Municipal pola actitude dictatorial dos nosos gobernantes
intentando impoñer un regulamento
ao seu gusto sen contar coa oposición e os vecinos.
Por outra banda este
voceiro proporalle ao resto dos partidos da oposición buscar una redacción
conxunta das alegacións de tódolos nosoo grupos, que fixe un regulamento de
consensos mínimos para os tres partidos, cun único sentido, primar a
transparencia, a democracia e a participación no noso concello e posteriormente
facerllo chegar ás diferentes AAVV do noso Concello para que secunden ditas
alegacións e convenzan ao señor Calvelo a que debe negociar e facer un
documento válido para todolos cidadáns e que non nos obrigue a derogarelo cando
o PP deixe de ter a mayoría absoluta no noso concello, como de seguro faremos.