O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA TIVO QUE ABANDONAR O PLENO POR NON PODER INTERVIR POR ALUSIÓNS PERSOAIS GRAVES TANTO CANDO FOI PEDIDO POR ESE MOTIVO, COMO NO INICIO DO SEGUINTE PUNTO DA ORDE DO DÍA QUE O ALCALDE IMPEDIU DITA INTERVENCIÓN.
O Grupo Municipal Socialista tivo que abandonar
a sesión plenaria cando o PP negoulle a posibilidade de intervir por alusións
persoais cara o noso voceiro e posteriormente no seguinte punto da orde do día
onde intentou ata en tres ocasións defender o seu honor e poñer de manifesto a
utilización política dun erro topográfico nunha acta dun Pleno do Concello de
Setembro de 2012.
O
luns celebrouse a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno e a señorita Riveiro
“Voceira do PP”, acusou ao Voceiro do PSdeG-PSOE de presentar por urxencia unha
moción no mes de Setembro de 2012 onde se incluía unha proposta de Regulamento
Orgánico Municipal, información que o PSdeG-PSOE desmentiu por inexistente e
foi increpado pola señorita Riveiro que acusou de mentir ao voceiro socialista
coa seguinte frase: “En mi casa me enseñaron que las mentiras tienen las
patitas muy cortas y usted está mintiendo” ensinando unha certificación do
pleno de Setembro de 2012 dese punto da orde do día.
Cando o Voceiro Socialista examinou a
acta do Pleno de Setembro de 2012, visualizou o erro de transcrición que no 1º
Asunto de Urxencia de dito Pleno, que versaba sobre unha proposta para poñer en
funcionamento o Consello Escolar Municipal e que titulaba sobre a posta en
funcionamento dun Regulamento Orgánico Municipal. Algo que lle foi posto de
manifesto á Secretaria Municipal por parte do noso partido e que asumiu o erro
como propio pedindo as desculpas oportunas e lle foi comunicado a señorita Riveiro,
que non foi capaz de pedir desculpas ao noso voceiro aínda que se atoparon pola
casa consistorial durante as seguintes datas. (Ao final adxunto a acta errónea)
O colmo é que hoxe, a señorita
Riveiro, no lugar de pedir desculpas polas acusacións que fixo do noso voceiro
seguiu na súa estratexia de enlodar o escenario político mantendo como veraz a
certificación errónea, motivo polo que o noso voceiro intentou intervir por
alusións sen éxito e tamén no inicio do seguinte punto da orde do día, sendo
interrompido ata en tres ocasión polo señor Calvelo, que lle negou a
posibilidade de expresala súa opinión e fixo imposible a nosa continuidade no
pleno.