O Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo destina o custe da vindeira comida de maiores á colaborar con CÁRITAS e dese xeito coa xente máis necesitada
O Grupo Municipal
Socialista anuncia que non asistirá á comida de maiores que ten un custe
de 28,60 euros por persoa. Non entendemos como nestos tempos de grave crise que
vive o noso municipio con máis de 3400 parados e con moitas familias ao borde
da exclusión social se pode permitir o señor Calvelo o luxo de facer un
derroche destas características nuha comida lúdica.
En días posteriores a ver
como o Partido Popular se negaba a aprobar un paquete de medidas que presentaba
a Esquerda Plural apoiada por toda a oposición para facer fronte a pobreza
enerxética e que miles de cidadáns non se lles corte o suministro enerxético
por impago e garantizar unha tregua aquelas persoas que peor o están a pasar
coa crise, que o problema dos desafiuzamentos sigue sendo grave e cando os
servizos sociais do noso concello non dan abasto e están completamente
desbordados pola situación sen que se poñan medidas para facelos máis áxiles e
dilixentes, o señor Calvelo e o seu grupo de goberno, dilapidan o presuposto e
un remanente de preto de 20 millóns de euros en media lexislatura en gastos
completamente innecesarios e nalgún caso inmorais na situación de pobreza que
estamos a vivir.
Gastos en cada vez máis soldos
astronómicos como o da concelleira de Economía e o de Obras, en maior número de
persoal de libre designación, en proxectos, en contratacións externas, en obras
innecesarias e extrañas gratificacións a só algúns traballadores municipais
mentres o gasto social mengua e as necesidades cada día son maiores.
Dende o noso grupo queremos
anunciar que destinaremos o custe de dita comida a participar na Campaña de
Nadal de CARITAS e que seguiremos a pedir que a prioridade par a on oso
concello sexa nos cidadáns e os seus problemas.