CALVELO, o caso POKEMON e o PLAN XERAL
Arteixo e o caso Pokemon from EL NOTICIERO DE ARTEIXO on Vimeo.
O
PARTIDO SOCIALISTA DE ARTEIXO MOSTRA A PREOCUPACIÓN POLA GRAVEDADE DO ESCOITADO
E LEIDO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOBRE O CASO POKEMON E A SUA CONEXIÓN CO
CONCELLO DE ARTEIXO.
INFORMACIÓNS
QUE AFECTAN A TRES ÁMBITOS DE GOBERNO:
1.
POR UN LADO
PON EN DÚBIDA O SISTEMA DE CONTRATACIÓN QUE UTLIZA ESTE GOBERNO LOCAL, SISTEMA
POSTO EN CUESTIÓN POR PARTE DESTE E DOUTROS GRUPOS DURANTE TODA A LEXISLATURA:
CUESTIÓNS COMO O FRACIONAMENTO DO CONTRATO DE ASFALTADOS PARA LOGO INVITAR
SEMPRE AS TRES MESMAS EMPRESAS QUE CONSIGUEN A ADXUDICACIÓN POLO PRAZO DAS
OBRAS QUE LOGO NON CUMPREN, APARICIÓNS DE CONTACTOS ENTRE EMPRESAS PERANTE O
PERIODO DE CONTRATACIÓN COMO NO CASO DO PROXECTO DA PISCINA MUNICIPAL,
APARICIÓN DE EMPRESAS VINCULADAS ENTRE SI NALGUNHAS INVITACIÓNS QUE SE FAN POLO
SISTEMA DE NEGOCIADO, ETC... FAN QUE O GRUPO SOCIALISTA ESTÉ SUMAMENTE
PREOCUPADO PORQUE SUPOSTAMENTE APAREZAN CONVERSACIÓNS ENTRE JOSE MARIA TUTOR
E ALCALDÍA NAS CALES SE LLE MOSTRE A
POSIBILIDADE A VENDEX DE OFERTAR O MÁXIMO DO IMPORTE DO CONCURSO QUE O ALCALDE
XA FALARÁ CO INTERVENTOR.
2.
POR OUTRA BANDA
PON EN DÚBIDA O SISTEMA DE ELABORACIÓN DO PLAN XERAL QUE ANTES DENUNCIÁBAMOS,
XA QUE SE SON CERTAS AS INFORMACIÓNS APARECIDAS NOS MEDIOS, CON CONTACTOS ENTRE
TUTOR E O GOBERNO LOCAL PARA AMAÑAR OS PROBLEMAS DAS SÚAS PROPIEDADES, AMOSANOS
QUE É CERTO QUE O GOBERNO DO SEÑOR CALVELO ESTÁ CONSTRUÍNDO UN PLAN XERAL BAIXO
CERTOS INTERESES ECONÓMICOS E PERSOAIS E NON ESTÁ A ELABORAR UN PLAN XERAL QUE
TRATE A TÓDOLOS CIDADÁNS DE IGUAL XEITO.
3.
E EN TERCEIRO
LUGAR, PON EN DÚBIDA O SISTEMA DE CONTRATACIÓN DAS EMPRESAS CONCESIONARIAS DO NOSO CONCELLO, DEIXANDO EN EVIDENCIA O
DENUNCIADO POR ESTE GRUPO EN CASOS COMO O DO POSTO DE ORIENTADORA LABORAL QUE
SE AMAÑA PARA UNHA PRIMA DO ALCALDE, A DENUNCIA CONTINUA DESTE GRUPO AOS SISTEMAS
DE ELECCIÓN DOS INTEGRANTES DOS CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL E DAS ESCOLAS
TALLER, PLAGADOS DE XENTES LIGADAS AO PARTIDO POPULAR E QUE ACCEDEN A ESTES
POSTOS POLA VALORACIÓN AMOSADA NAS ENTREVISTAS PERSOAIS, O SISTEMA MÁIS
SUBXETIVO E TRAMPOSO QUE EXISTE, SE SON CERTAS CERTAS INFORMACIÓNS QUE FALAN DE
CONTRATACIÓNS MASIVAS EN LISTAS ENTREGADAS POLO PARTIDO POPULAR A VENDEX CO
NOMES DAS PERSOAS A CONTRATAR, NON ESTARÍAMOS A FALAR DUN ASUNTO DE CARIDADE OU
NECESIDADE, COMO DECÍA O CONCELLEIRO FLORES DA CORUÑA, ESTARÍAMOS A FALAR DE
CLIENTELISMO EN FAVOR DOS AMIGOS E FAMILIARES DOS INTEGRANTES DO PARTIDO
POPULAR.
DENDE O GRUPO SOCIALISTA BOTAMOS DE MENOS QUE O
GRUPO DE GOBERNO DESPOIS DE TERSE PUBLICADO ESTAS INFORMACIÓNS, NON TEÑA
CHAMADO AO RESTO DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN PARA DARLLE EXPLICACIÓNS SOBRE ESTE
CASO, E DENDE LOGO SE NON TIVERA NADA QUE OCULTAR O SEÑOR CALVELO SE HOUBERA
POSTO DE INMEDIATO A DISPOSICIÓN DA CORPORACIÓN PARA LEVAR A CABO UNHA
COMPARECENCIA PÚBLICA ONDE PUIDERA RESPOSTAR AS PREGUNTAS DA OPOSICIÓN.
DE MOMENTO ESTE GRUPO VAI A PREGUNTAR NO PLENO UNHA
SERIE DE CUESTIÓNS, ESPERANDO QUE O SEÑOR ALCALDE E OS SEUS COMPAÑEIROS DEN
EXPLICACIÓNS SOBRE O SUCEDIDO CON ESTA EMPRESA E UNHA VEZ COÑECIDA A POSICIÓN
DESTE GRUPO ESTUDIAREMOS AS ACCIÓNS A LEVAR A CABO QUE PUIDERAN TER COMO
RESULTADO A SOLICITUDE DE DIMISIÓN DOS IMPLICADOS.
PREGUNTAS ESCRITAS AO GOBERNO LOCAL
·
¿Cal é a relación do Grupo de Goberno con
Grupo VENDEX?,
·
¿Por qué se pon en contacto o grupo de
goberno do PP co grupo VENDEX durante o período de contratación de posibles
servizos desta empresa ao noso concello?,
·
¿É certo que o señor Calvelo ofrécelle a
Jose María Tutor amañar co interventor a oferta polo maior prezo posible da
contratación da Escola Infantil?,
·
¿Cales son os contactos do Grupo de
Goberno co señor Patiño (ex-concelleiro do PP arteixán e traballador de
VENDEX)?,
·
¿Que tipo de relación manteñen os
concelleiros do PP de Arteixo co señor Ángel Espadas de Santiago?,
·
¿Mediou o señor Calvelo ou algún outro
concelleiro na contratación de novo persoal para a empresa VENDEX en Arteixo?,
·
¿Falou alguén do grupo de goberno do PP
sobre a situación urbanística das propiedades de Jose Mª Tutor no concello de
Arteixo?,
·
¿Recibiron vostedes regalos do Grupo
VENDEX na súa condición de concelleiros de Arteixo?.
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos visualizando nas
derradeiras datas nos medios de comunicación as insidias do Grupo de Goberno do
PP en relación co desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Municipal que debería
de estar aprobado definitivamente neste mes de Xuño polo cronograma existente.
A elaboración do Plan Xeral corre a cargo dunha UTE de Empresas, que
deben desenrolar o plan segundo o contrato asinado a tal efecto, incluíndo a
cartografía necesaria para elo. Non son os políticos os que desenrolan o plan,
senon os que dan os criterios de elaboración deste, sustentabilidade, respecto
polo medio ambiente, zonas verdes, ETC.... Xa que do contrario estaríamos a
falar de que se encargan de defender intereses persoais duns ou doutros
veciños.
No proceso electoral, Carlos Calvelo, hoxe alcalde de Arteixo, comprometeuse
diante dos medios de comunicación e dos asistentes a un debate electoral a ter
aprobado o novo Plan Xeral de Arteixo nesta lexislatura se gozaba da maioría
absoluta para facelo e ademais comprometía o seu futuro a elo, dicindo que non
se merecería ser alcalde de Arteixo se non tivera feito este traballo e que
polo tanto non se volvería a presentar ás seguintes eleccións.
En Abril de 2011,
a entonces alcaldesa de Arteixo Pilar Souto fixo un
requerimento a UTE de empresas encargadas do desenrolo do Plan Xeral
“Arnaiz-Tinsa”, para que antes do mes de Xuño de 2011, onde o cronograma
establecía que se debía de facer a aprobación inicial os servizos técnicos do
Concello puideran estudar o documento e valoralo.
No mes de Maio de 2011, o Departamento de Urbanismo recepcionou os
documentos do Plan Xeral que entregaba a UTE de empresas, como figura nos
documentos recepcionados polo servizo de urbanismo.
Despois o concello trocou de goberno e as primeiras declaracións do
novo concelleiro de urbanismo, o señor Castro, foron que se quedara gratamente
sorprendido do desenrolo de dito plan. A partir de ese momento o oscurantismo
sobre o desenrolo do plan xeral é a tónica existente, xa que dende a oposición
descoñecemos o estado de dito plan xa que dende o goberno, ao contrario do que
sucedía co anterior goberno, non convoca nin tan sequera informa do estado de
dito plan aos concelleiros da oposición.
Estamos observando como se están a trocar e desenrolar numerosas
unidades de actuación do noso concello con modificacións puntuais das normas
subsidiarias e polo contrario o plan xeral está estancado como se só interesase
favorecer os intereses duns poucos e non de todos, véxase co troco de uso dunha
soa parcela do polígono industrial.
Dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlle
AO GRUPO DE GOBERNO:
·
¿Como
está o desenrolo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Arteixo?, ¿Ten o concello o documento entregado pola empresa concesionaria
para valoración e posterior aprobación inicial?, ¿Qué traballo se fixo sobre
ese documento?, ¿Enviouse aos servizos técnicos de urbanismo a valorar?, ¿Cal
foi dita valoración e onde está recollida?, ¿Pensa o grupo de goberno ter o
documento para aprobación definitiva en Xuño de 2014 como marca o cronograma?,
¿Por que modifica só determinadas unidades de actuación e non desenrola o Plan
Xeral para todos?¿Pensa o señor Alcalde ter rematado o novo Plan
Xeral de Ordenación Municipal nesta lexislatura? e se non é así, ¿Cumplirá a
súa palabra e deixara de presentarse as vindeiras eleccións municipais?