O goberno do concello de Arteixo presume dunha mellora na inspección das fugas de auga e unha redución no consumo enerxético e atopámonos cunha fuga, a caño aberto, na toma das duchas de Valcobo dende o fin de semana do día 2 de Febreiro e temos que soportar que zonas de Meicende, Pastoriza ou do Alto de Arteixo se atopen continuamente sen iluminación pública
O
Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicítalle ao Grupo de Goberno do
Partido Popular que deixe de mentir aos nosos cidadáns cando luce continuamente
unha suposta mellora nos sistemas de inspección das fugas de auga existentes no noso concello e
explique como a toma de aguda das duchas da praia de Valcobo está vertendo auga
en continuo como demostra a foto sacada no día de onte, e isto sucede dende o
fin de semana do 2 de Febreiro que apareceu rota.