“O PP de Arteixo ten esquecida a actualización da Ordenanza de Emerxencias Sociais dende fai meses cando prometeu modificala coa participación da oposición, mentres visualizamos que outros concellos foron adaptando as súas normas á situación de crise que temos dende fai xa anos enos seguimos coa da anterior lexislatura ”


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE está sorprendido da paralización á que está sometendo o Partido Popular ás inaprazables modificacións que deberíamos facer na Ordenanza de Emerxencia Sociais, modificacións que intentaron levar a pleno cun documento “lamentable” que non facía máis que empeorar a situación previa e non innovaba sobre unha materia de vital importancia nos tempos de crise que estamos a vivir.

Pasados xa, case que tres anos de lexislatura, e mentres concellos como Culleredo xa fixeron máis dunha modificación nesta ordenanza e nos sistemas de axuda as persoas en situación de exclusión social, ou as modificacións que acaba de levar a cabo Vigo coa creación do “Carnet da Dignidade”, que inciden en atender cada vez máis rápido e con maior eficacia os graves problemas que teñen os cidadáns nestes tempos de crise, onde o paro e os recortes do PP a tódolos niveis están empobrecendo a un ritmo bestial á nosa poboación, dende o goberno do PP en Arteixo, non se tomou iniciativa algunha para facer ningún tipo de modificación administrativa que facilite a vida a aqueles que máis problemas teñen. Ao mesmo tempo que poñen os seus esforzos en modificacións á carta para os intereses urbanísticos dos máis poderosos, ou se gastan os cartos en obras completamente innecesarias, a xente con máis problemas están completamente esquecidos polos nosos dirixentes locais.

Unha vez máis, como fixemos fai meses, poñémonos a disposición do Grupo de Goberno do Partido Popular se quere consensuar e desenrolar unha nova norma boa para os veciños e veciñas deste concello.

Anterior
Anterior

MOCIÓN SOBRE A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN DE SOLICITUDE Á DEPUTACIÓN DE A CORUÑA SOBRE A ADECUACIÓN DA CP-512