Martín Seco reelixido Secretario Xeral do PSOE de Arteixo cunha executiva que aposta pola unidade
A nova dirección integra a todo o grupo municipal socialista e incorpora novas voces co obxectivo de construír unha alternativa real ao PP.
Martín Seco, e Ana Cedeira, secretario xeral e vicesecretariaxeral do PSdeG-PSOE de Arteixo.
A Agrupación Socialista de Arteixo celebrou esta mañá a asemblea local na que se procedeu á elección da nova Comisión Executiva Local do partido. Martín Seco foi reelixido como Secretario Xeral, encabezando unha candidatura única e de consenso, que busca reforzar a unidade interna e traballar con forza para ofrecer unha alternativa de goberno seria e progresista ao actual goberno do Partido Popular.
A nova executiva combina experiencia e renovación, integrando a todos os actuais concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista no Concello de Arteixo, ao tempo que incorpora novas caras da militancia, representando a diversidade e pluralidade da agrupación. Trátase dun equipo cohesionado, que recolle as distintas sensibilidades do socialismo arteixán, cunha clara vontade de traballo conxunto e vocación municipalista.
Durante a súa intervención, Martín Seco agradeceu a confianza depositada e destacou o reto que supón liderar “de novo” un proxecto colectivo centrado nas persoas, na defensa dos servizos públicos e na transformación social do concello: “Somos un equipo con ideas, enerxía e compromiso. E temos moi claro que o noso obxectivo é devolverlle á cidadanía un proxecto de progreso, de proximidade e de promesas cumpridas. Porque outra forma de gobernar é posible”.
Desde a nova Executiva Local, o PSdeG-PSOE de Arteixo reafirma o seu compromiso de seguir traballando dende a rúa e co tecido asociativo para “escoitar, propoñer e actuar”, e seguir sendo “voz firme da oposición” e motor de proposta ante a parálise e os incumprimentos do actual goberno municipal.
Composición da nova Executiva Local
Presidente honorífico: Ángel Díaz Souto
Secretario Xeral: Martín Seco García
Vicesecretaria xeral e responsable de Política Municipal: Ana Cedeira Zas
Secretaria de Igualdade: Raquel Martínez Vázquez
Secretario de Organización. Yago De Ron Fernández-Mosquera
Secretarías executivas:
• Eva Sánchez Ramilo
• Fernando Vázquez Martínez
• Tamara Figueroa Cedeira
• Luís Vázquez Fernández
• Bea Pardo Aldao
• Tino Vázquez Prego
• María Zas Suárez
• Enrique Paz Gil
• Charo Figueiras Icasuriaga
• Lucinda Regueira Regueira
• Lola Turanza Nieto
Representantes no Comité Nacional do PsdeG-PSOE
• Martín Seco García
• Ana Cedeira Zas
Representantes no comité Provincial do PsdeG-PSOE da Coruña
• Martín Seco García
• Ana Cedeira Zas
• Yago De Ron Fernández-Mosquera
• Raquel Martínez Vázquez