Os socialistas reclaman as facturas dos traballos realizados na escaleira do monumento do paseo marítimo, tras detectar cambios evidentes na súa estrutura.
Advierten de que a obra está protexida pola Lei de Propiedade Intelectual e esixen saber se os traballos contaron coa autorización e supervisión do escultor.
O Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo levou ao pleno unha batería de preguntas dirixidas ao goberno local para esclarecer as recentes actuacións levadas a cabo no monumento ao Voyeur, situado no paseo marítimo.
O portavoz socialista, Martín Seco, destaca que se trata dunha das escasas esculturas coas que conta o municipio, ademais de ser un dos puntos máis visitados polos turistas que chegan a Arteixo e máis recomendados nas redes sociais. Aínda que recoñecen que a escaleira utilizada pola xente para subir, sacar fotos e mirar pola escultura se atopaba en bastante mal estado polo transcurso do tempo e a corrosión propia da zona, amosan a súa preocupación por como se executou a reparación.
Segundo denuncian desde o PSOE de Arteixo, tras os traballos de mantemento se aprecian "cambios evidentes na situación actual da escaleira da escultura". Ante esta modificación, lembran que a peza está protexida polos dereitos de propiedade intelectual do seu autor, polo que calquera intervención que altere o seu deseño orixinal require consentimento expreso.
Para aclarar a xestión e a legalidade desta actuación, o Grupo Socialista esixiu ao executivo municipal respostas concretas a tres cuestións formuladas no pleno, Sobre a execución, quen realizou as obras de mantemento da escultura do monumento ao Voyeur no paseo marítimo; en canto a transparencia económica, cal foi o custe destas obras e pode o goberno local facilitar as facturas do realizado; e co respecta á Propiedade intelectual, se tiveron o permiso e a supervisión do autor da escultura para ditas obras ante os cambios realizados.
O Grupo Socialista está á espera de recibir a documentación solicitada e as explicacións pertinentes por parte do goberno local para garantir tanto a transparencia no gasto público como o respecto ao patrimonio artístico e aos dereitos de autor no municipio.

