O PSOE de Arteixo esixe ao goberno local avances reais no PXOM e nos deslindes con A Coruña e Culleredo
Os socialistas denuncian que, case un ano despois de contratar a empresa redactora, non se convocou a comisión de seguimento nin se iniciou a negociación cos concellos veciños.
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentará no pleno un rogo para que o goberno local actúe con premura na inspección e limpeza de fincas situadas preto de vivendas, tanto en núcleos urbanos como rurais, co obxectivo de previr incendios forestais e evitar situacións de insalubridade.
Martín Seco, voceiro socialista, lembra que a lexislación obriga a manter estas parcelas libres de maleza e lixo, e que o Concello de Arteixo asinou co FEGAMP e a Xunta de Galicia, a través de SEAGA, un convenio que recolle os mecanismos para executar estas limpezas. Ademais, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais aprobado en 2024 establece a obriga de identificar aos titulares das parcelas incluídas nas faixas de xestión da biomasa.
“O que pedimos é sinxelo: inspeccións rápidas, requirimentos efectivos e, se non hai resposta, actuación subsidiaria a cargo dos propietarios”, afirma Seco. “Non podemos arriscar a seguridade das persoas nin permitir que a falta de mantemento das fincas provoque lumes ou poña en risco a saúde pública”.