O PSOE denuncia o despilfarro e caos xurídico que ten o concello de Arteixo mentres a letrada municipal está investigada por presunta pertenza a banda criminal

  • Os socialistas acusan a Calvelo de ocultar o caso da avogada e non tomar medidas cautelares por ser unha persoa próxima ao goberno local.

  • A letrada exerce como instrutora nos procesos disciplinarios a traballadores municipais e goza de liberdade para exercer a súa profesión de forma privada, mentres o concello contrata avogados externos para defender os seus intereses.   

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo esixiu explicacións ao alcalde de Arteixo por un novo episodio de "despilfarro e descontrol administrativo" tras coñecerse que o executivo de Carlos Calvelo pactou recoñecer a improcedencia do despido dun operario do servizo de augas, aboandolle unha indemnización de case 20.000 euros de diñeiro público.

O PSOE conecta este custo económico para a veciñanza coa "profunda fenda xurídica e de control interno" que vive o Concello, tras saír á luz a investigación da Policía Nacional sobre a avogada municipal por presunta pertencia a banda criminal e falsificación documental con trámites irregulares para a obtención de nacionalidades a inmigrantes.

O voceiro socialista, Martín Seco, lembra que mentres a letrada municipal ten permiso do goberno local para exercer a súa profesión nun despacho privado, o concello contrata abogados externos para defenderse en casos como este no que se despedía a un traballador por faltas moi graves, filtrando dende o goberno do PP aos medios de comunicación que este era un castigo exemplar. Pero á hora da verdade, a incapacidade xurídica para sustentar dita sanción provocou que o Concello e SUMARTE tivesen que dar marcha atrás e pagar 20.000 euros a conta das arcas municipais recoñecendo un despido improcedente.

"Non se pode ir aos medios a presumir do despido dun traballador e acusalo de faltas gravísimas para despois, no acto de conciliación, recoñecer que o despido é improcedente e pagarlle 20.000 euros co diñeiro de todos os veciños", recriminou o voceiro socialista, Martín Seco.

Un departamento xurídico baixo sospeita

Para o PSOE, este erro e a deficiente xestión dos expedientes de persoal están directamente relacionados coa degradación da xestión legal e administrativa no Concello de Arteixo.

"Se a persoa encargada de velar pola legalidade dos expedientes e dos servizos xurídicos do Concello é a mesma avogada que se atopa baixo a lupa da Policía Nacional por falsificar documentos, enténdese perfectamente a calidade e o resultado do asesoramento que ten este Concello", advirte Martín Seco. "Mentres o PP mira para outro lado coa investigación desta servidora pública, a veciñanza de Arteixo ten que pagar do seu peto 20.000 euros polos despropósitos do goberno local".

O voceiro socialista preguntase “que teñen que ocultar no goberno local, para que unha semana despois de que se lle preguntara nos medios polo caso da letrada, o alcalde Carlos Calvelo non informara aos grupos da oposición do que está a pasar, nin se suspendera cautelarmente de funcións á letrada ante unhas graves imputacións para protexer os procedementos legais do concello e datos que deben ser tratados coa máxima delicadeza”.

Os socialistas acusan ao goberno local de “convivencia coa abogada que tiña un papel relevante como instructora nos casos disciplinarios de traballadores que Calvelo quería castigar por motivos sindicais e que conseguiu sorpresivamente a contratación do seu irmán na plantilla do concello nun proceso de selección posto en dúbida por parte da representación sindical”

Ante esta situación tan grave o grupo socialista esixe ao grupo de goberno que tome medidas no departamento xurídico comenzando por unha auditoría, e aclare se a avogada fixo xestións da trama delictiva nas instalacións do propio concello ou utilizou datos ou a súa posición laboral para trámites relacionados cos delitos aparecidos nos medios de comunicación.  

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo acusa a Calvelo de ignorar a seguridade dos peóns na Avenida de Fisterra tras 18 meses de pasividade