O PSOE esixe o cesamento do xerente de SUMARTE en Arteixo por "parálise" e “incapacidade”

Os socialistas denuncian que o exalto cargo do PP, Álvarez Campana, mantén a empresa pública sumida nun "caos" laboral e xurídico mentres traballa a tempo parcial para poder exercer outra actividade laboral privada.

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentará no pleno ordinario deste mes unha moción para solicitar o cesamento inmediato do xerente da empresa pública SUMARTE, José Manuel Álvarez Campana. A formación liderada polo voceiro Martín Seco denuncia que, catro anos despois da súa creación, a entidade se atopa nunha situación de"absoluto descontrol administrativo e laboral" froito de antepoñer os intereses partidistas doPartido Popular por enriba da eficiencia dos servizos públicos.

Os socialistas alertan de que a empresa, que naceu en 2022 para axilizar servizos esenciais como a auga, a limpeza ou a recollida de lixo, está a transformarse nun "chiringuito político” incapaz de dar resposta ás demandas da cidadanía.

O PSOE indignouse tras o último Consello de Administración de SUMARTE, no que o xerente foi "incapaz de responder a ningunha das preguntas da oposición". O punto máis crítico tivo lugar cando a dirección presentou unha adhesión "ilegal" ao Plan de Igualdade do propio Concello, un feito que os socialistas cualifican de "aberración xurídica" motivada pola incapacidade da xerencia para pactar e redactar un documento propio en seis meses de marxe.

A maiores, o grupo socialista denuncia unha alarmante falta de transparencia na contratación temporal: "O xerente non aclara que bolsas de traballo están vixentes nin como se están autilizar, o que deixa gravísimas dúbidas sobre a limpeza dos procesos de selección e levanta asospeita do nepotismo", advirten.

O "enchufe" de Álvarez Campana e a compatibilidade laboral

Dende o PSOE lembran que en marzo de 2022 xa denunciaron publicamente que o alcalde,Carlos Calvelo, utilizou SUMARTE para "enchufar" a Álvarez Campana, exdeputado do PP,expresidente de Portos de Galicia co goberno de Fraga e daquela asesor do goberno local. O PP preferiu o seu perfil político antes que o de profesionais experimentados sen vinculación partidista que se presentaran ao proceso.

A maiores, os socialistas consideran "insultante" para os veciños que o alcalde lle concedese ao xerente a compatibilidade para exercer outra actividade laboral privada: "Arteixo ten retos que requiren un xerente con dedicación do 100% do seu tempo, non un cargo político quexestione unha empresa municipal nas súas horas libres", recrimina Martín Seco.

"Carlos Calvelo puxo unha vez máis as siglas do PP por enriba de Arteixo.SUMARTE está paralizada: o alcalde tivo que dividir o contrato do lixo porque son incapaces de dialogar cos traballadores, e a comunidade enerxética segue no esquecemento. Non se pode manter á fronte de SUMARTE a un asesor de partido incompetente que cobra un soldo público a tempo parcial. O xerente debe ser cesado xa", sentenciou o voceiro socialista.

Por todo isto, a moción do Grupo Socialista recolle dúas peticións drásticas e directas ao grupo de goberno do PP: o cesamento fulminante do xerente de SUMARTE e apertura dun novo proceso de selección limpo e transparente, onde prime a capacidade de xestión empresarial e non a vinculación política co Partido Popular, ou a retirada da compatibilidade laboral para que exerza as súas funcións con dedicación exclusiva e a tempo completo.

Siguiente
Siguiente

O PSOE esixe frear o "descontrol" de tráfico en Pastoriza polo estacionamento ilegal que bloquea garaxes e rúas