Aplaudimos que o goberno local tome algunha das nosas iniciativas contra a exclusión social que presentamos no pleno de presupostos aínda que sexa dun xeito insuficiente e esperamos que continúe nesa laboura



O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo presentou antes do pleno de presupostos de 2013, unha batería de medidas a tomar contra a crise e a exclusión social que considerábamos prioritarias para o noso concello.

No pleno deste xoves, o grupo de goberno do Partido Popular vai a levar a aprobación algunha das medidas que o noso grupo presentara e que son de vital importancia para aquelas familias que o están a pasar peor coa crise. Estas axudas son benvidas polo noso grupo, aínda que consideramos que son mellorables na súa cuantía, de tódolos xeitos esperamos que o Partido Popular non se quede aí e siga levando a cabo aquelas medidas que traten de facerlle máis fácil esta crise a aquelas familias que están pagando un alto prezo por unha situación da que non son culpables.

Medidas como a bonificación en impostos municipais como o IBI ou de IVTM, revisión das tasas municipais, unha auténtica bolsa de emprego local, un viveiro de empresas, cheques comedor, creación dunha reserva de alimentos para os máis necesitados, máis un paquete de medidas para que tódolos veciños teñan unha vivenda digna, serían medidas a tomar por un goberno que se preocupe polos nosos cidadáns e os seus problemas.
Anterior
Anterior

O señor Calvelo debe saber que o que alarma as nais e pais de Arteixo e ter dende fai meses unha farola nun estado lamentable ás portas dun colexio onde estudan 600 nenas/os ou non ter sinalizado e protexido aos viandantes correctamente ante o peche dunha beirarrúa onde circulan centos de familias tódolos días para ir ao colexio

Siguiente
Siguiente

Calvelo agochaba a realidade dunha baixa capacidade de xestión, executando só un 35,6% das inversións reais, cando o mes pasado o Grupo Socialista lle preguntou pola porcentaxe de execución das inversións reais presupostadas para 2012