Calvelo agochaba a realidade dunha baixa capacidade de xestión, executando só un 35,6% das inversións reais, cando o mes pasado o Grupo Socialista lle preguntou pola porcentaxe de execución das inversións reais presupostadas para 2012
No
pleno de Abril, o Grupo Municipal Socialista preguntoulle ao señor Alcalde pola
porcentaxe executada dos presupostos de 2012 no seu capítulo de inversións, xa
que nos temíamos que aínda que se elevou o presuposto ata case que 43 millóns
de euros, a realidade era que a capacidade do goberno para executar eses
presupostos estaba moi limitada, ante esta pregunta o alcalde respostou que o
goberno local executara máis dun 80% do presuposto e evitou como fixo outra vez
no día de onte contestar a nosa pregunta.
Unha
vez recibida a conta xeral de 2012, voltamos a ver como o Grupo Municipal
Socialista tiña razón e como o grupo de goberno que pasou todo o exercicio
pasado de modificación en modificación do presuposto para só executar un 35,6%
do capítulo de inversións presupostadas, é dicir só 5.326.658 euros dos
14.955.863 presupostados. Un índice moi pequeno para un goberno en maioría
absoluta que luce a súa extraordinaria capacidade de xestión que resulta
ficticia vendo os números aos que anteriormente me refería.
De tódolos xeitos dende o
noso grupo facemos novamente un chamamento a cordura do goberno local para
avanzar na execución duns presupostos máis sociais e dedicados a avanzar na
loita contra o desemprego e a exclusión social que empeza a ser moi preocupante
nun concello como Arteixo, co índice de desemprego máis elevado da comarca e un
incremento da exclusión social e dos casos de delincuencia preocupante.