O Grupo Municipal Socialista solicitou do goberno local que por seguridade e salubridade sexa prohibido o aparcamento de camións no tramo da Avd Fisterra dende o paseo fluvial ata a rotonda de Bajamar




Dende o Grupo Municipal Socialista solicitamos do goberno local que faga as xestións oportunas para conseguir a prohibición de aparcamento de camións na avenida Fisterra entre o paseo fluvial e a rotonda de Bajamar, porque son moitos os veciños que nos denuncian a inseguridade que senten cando circulan por esta beirarrúa e todo o arcén está ocupado por camións, formando un pasadizo completamente oscuro onde algún cidadán xa tivo problemas,
 
Ademais das continúas aparicións de suciedade xerada polas actividades de ditos transportistas que as veces utilizan a rúa para realizar as súas actividades máis persoais nesta infraestructura, existindo un aparcamento de camións no polígono de Sabón, nas inmediacións deste vial.
 
Esperamos que o goberno local tome as medidas oportunas para acabar con esta situación e cos medos e insalubridades que sofren os veciños que circulan por esta beirarrúa.
Anterior
Anterior

Todos os grupos políticos de Arteixo trasladan o seu pésame as vítimas do accidente de Santiago

Siguiente
Siguiente

“OS CIDADÁNS DE ARTEIXO ESTÁN A PAGAR A INEPTITUDE DO SEÑOR CALVELO CON RESPECTO AO SERVIZO DE XESTIÓN DA AUGA”