Rogos do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo para o Pleno do mes de Marzo de 2014


ROGO


Este mes, no PSdeG-PSOE recibimos resposta a pregunta feita polo senador 
socialista Javier Losada ao Goberno do Estado, na que se preguntaba polo número de persoas en situación de desemprego que agotaran todas as prestacións por desemprego na Provincia de A Coruña e entre elas o concello de Arteixo. 

A resposta que se nos fai chegar  é que o número de persoas que se quedaron sen ningún tipo de prestación por desemprego en Arteixo suman 7.605 persoas nos anos 2011, 2012 e ata Novembro de 2013:


2011........................................2.227
2012........................................2.734 
2013.................2.644 (ata Novembro).


É dicir un auténtico drama para o noso concello que na actualidade conta con 
3.509 parados segundo os datos do mes de Febreiro, un número moito máis elevado que o de concellos do noso entorno cunha poboación similar como Oleiros qe ten 2.648 parados ou Culleredo que conta con 2.792 parados, mentres eso suede, máis de 2.600 persoas se quedan sen dereito ao subsidio por desemprego e polo tanto  nunha situación dramática de posible exclusión social.

O PP leva toda a lexislatura coa antiga Ordenanza de Emerxencias Sociais que  modificou por derradeira vez o goberno do Partido Socialista en Arteixo e mentres outros concellos como Culleredo, xa modificaron esta Ordenanza polo menos en dúas  ocasións nesta lexislatura e tomaron outras medidas como a creación dunha comisión de loita contra os desafiuzamentos, para dotar aos servizos sociais de maior autonomía para resolver os problemas, maior capacidade de rapidez na toma de decisións e maior capacidade económica para afrontar estas situacións, dende o Concello de Arteixo seguimos ancorados nunha situación de falla de dirección política ante o maior problema que temos diante dos nosos ollos.

Esta situación foi posta de manifesto polos grupos da oposición cando no mes  de Xullo de 2013 pedimos a retirada da modificación da Ordenanza de Servizos Sociais que era claramente mellorable e que non axudaba a ter unha mellor cobertura dos casos de Emerxencia Social que temos no concello, para poñernos a disposición do Concello no desenrolo dunha nova ordenanza que tanto necesitan noso cidadáns. Así foi recollido polo goberno do PP que retirou dita modificación para anunciar que faría esta modificación de acordo coa oposición no mes de Setembro e ata o momento estamos esperando a que mova ficha.

Dende o Grupo Municipal Socialista rogamos ao Grupo de Goberno do PP en 
Arteixo que teña a ben elaborar con urxencia unha modificación do sistema de axudas  aos veciños en situación de Emerxencia Social e a elaboración dunha nova ordenanza para o noso concello que siga os criterios que os concellos máis sensibles cos problemas de eido social están a seguir, capacidade de resposta, rapidez na resposta e autonomía dos traballadores sociais.

ROGO



Xa son diversas as iniciativas do Grupo Municipal Socialista e do resto de partidos da oposición que son contestadas dende o Grupo de Goberno do PP, con solicitudes para a súa retirada, co compromiso de poñer en funcionamento as Comisións de Traballo onde poidan xurdir acordos para o ben dos nosos veciños e veciñas, iniciativas como a modificación dos sistemas de Emerxencia Social e a ordenanza do noso concello, a creación dunha Comisión que aporte solucións locais ao problema dos desafiuzamentos, a creación dunha nova Ordenanza para regular o uso dos espazos públicos e dentro deles as terrazas dos locais de hostalaría, a regulación dun novo sistema de axudas a mobilidade que sustitua ao transporte adaptado local por vía do servizo de taxis e outras moitas cousas, foron temas levadas a pleno por parte dos grupos da oposición sen que o Grupo de Goberno as  tivese en conta unha vez retiradas e polo tanto excluídas do debate político.

Hoxe que se pon de exemplo o espírito de concordia e de acordo do Presidente Suárez por parte de tódolos partidos políticos, entre eles o Partido Popular que nos recordan a necesidade de chegar a acordos polos nosos veciños, polo que lle ROGAMOS ao Goberno local que se nos de a posibilidade de participar no desenrolo das actuacións que necesita o noso concello e que se teñan en conta as nosas iniciativas que só tratan de mellorar os servizos que o noso concello presta aos nosos cidadáns, poñendo en funcionamento as modificacións pactadas en pleno polos grupos da oposición e do Partido Popular.





Anterior
Anterior

Preguntas do PSdeG-PSOE para o Pleno de Marzo

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN SOBRE A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL