O PSOE de Arteixo denuncia o incumprimento polo goberno local do PP da moción aprobada para solucionar as inundacións en Santaia de Arriba
Tras máis dun ano da aprobación unánime da proposta, a veciñanza vese obrigada a actuar sen axuda municipal ante as enchentes e riscos na estrada.
O Grupo Municipal Socialista de Arteixo reclamou no pleno explicacións polo incumplimiento da moción aprobada para solucionar as inundacións en Santaia de Arriba.
O portavoz socialista, Martín Seco, explica que no pleno de novembro de 2023, a corporación municipal aprobaba por unanimidade unha moción promovida polos tres grupos da oposición que instaba ao goberno local a dar unha solución urxente ás inundacións que, de xeito recorrente, afectan ás vivendas e á estrada en Santaia de Arriba, debido ao aumento do caudal do Rego da Ranqueira.
A proposta recollía “o malestar dunha veciñanza que leva anos sufrindo danos e riscos derivados da falta de actuación por parte do executivo municipal”. Entre as consecuencias máis graves figuran os continuos anegamentos de vivendas particulares e os desperfectos na estrada, que poderían derivar en accidentes de consideración.
Seco argumenta que “máis dun ano despois, e sen avances coñecidos nin execución das obras comprometidas”, o Grupo Socialista volver levar ao pleno esta situación, “ante o cansazo e a frustración da veciñanza, que decidiu actuar por iniciativa propia mentres observa como en outras zonas do concello si se actúa con celeridade cando se detectan riscos para a seguridade cidadá”.
Por este motivo, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo pediu en pleno que se informara sobre o grao de cumprimento da moción aprobada en novembro de 2023 pero atopouse “cun lavado de mans por parte do goberno local”.
“Non é de recibo que se aproben mocións por unanimidade e que, pasados máis de doce meses, non se actue nin se dean explicacións á veciñanza”, conclúe o portavoz socialista, Martín Seco.